A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 09.30 horas de hoxe domingo.
Nas últimas horas as principais novidades pasan pola estabilización do incendio da localidade lucense de Carballedo, parroquia da Cova, e pola extinción do de Oia-Mougás. Con isto, só permanecen activos arestora dous incendios de máis de 20 hectáreas en Galicia, ambos na provincia de Ourense. Son os de Carballeda de Valdeorras-Casaio e de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso, malia que neste só se mantén activo o foco de Vilariño, unha vez estabilizados os de Requeixo e Parafita en Chandrexa.
Segue
decretada a Situación 2 en toda a provincia de Ourense, o que implica unha
maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de
administracións para a provincia.
ACTIVOS
Activo Carballeda de Valdeorras-Casaio
Segue activo, desde as 18.42 horas do luns 18, o lume do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 4.000 hectáreas e que entrou en Galicia dende Castela e León. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 técnicos, 37 axentes, 63 brigadas, 28 motobombas, 4 pas, 12 helicópteros e 11 avións.
Estabilizados
os focos de Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e activo o de Vilariño de
Conso-Mormentelos
Continúa activo
o lume de Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e Vilariño de Conso
(Mormentelos), malia que evoluciona favorablemente tras terse estabilizado os
focos de Parafita e Requeixo. Estes incendios comezaron en Chandrexa o venres
8, na parroquia de Requeixo, e o martes 12 na de Parafita. O xoves 14,
reactivouse o foco do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos,
que continúa activo. Segundo as últimas estimacións provisionais, o lume afecta
unha superficie de arredor de 19.000 hectáreas, parte delas tamén nos
municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza. Para a
súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado, 23 técnicos, 165 axentes, 223
brigadas, 118 motobombas, 19 pas, 17 unidades técnicas de apoio, 34 helicópteros
e 29 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de
Emerxencias (UME).
ESTABILIZADOS
Estabilizado
Larouco-Seadur
Ás 11.25 horas
de onte sábado quedou estabilizado o incendio iniciado o mércores 13 ás 18.55
horas no concello ourensán de Larouco, parroquia de Seadur, que afecta unha
superficie estimada de máis de 30.000 hectáreas en territorio galego, no propio
concello de Larouco e nos de Quiroga, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda
de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. Para a
súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 53 técnicos, 232 axentes, 308
brigadas, 241 motobombas, 12 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 14 helicópteros
e 15 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de
Emerxencias (UME).
Estabilizado
Oímbra-A Granxa e Xinzo de Limia-Gudín
A totalidade
deste lume está xa estabilizado. O martes 12 iniciouse no concello ourensán de
Oímbra, parroquia da Granxa, un incendio forestal que se uniu con outro
rexistrado o pasado venres 15 ás 17.22 horas na localidade ourensá de Xinzo de
Limia, Gudín. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha
superficie estimada de 17.000 hectáreas, ademais de nas localidades de Oímbra e
Xinzo de Limia, nas de Monterrei, Cualedro, Verín, Laza, Trasmiras, Castrelo do
Val e Baltar. O foco iniciado en Oímbra-A Granxa deuse por estabilizado ás
22.29 horas do venres 22, e así súmase ao que xa fora igualmente estabilizado
ás 02.45 horas do martes 19, correspondente a Xinzo de Limia-Gudín. Para a súa
extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 18 técnicos, 159 axentes, 221
brigadas, 131 motobombas, 6 pas, 7 unidades técnicas de apoio, 18 helicópteros
e 32 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias
(UME).
Estabilizado A
Mezquita-A Esculqueira
Permanece
estabilizado, desde as 21.20 horas deste venres, día 22, o incendio do concello
da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que se iniciaba o martes 12 ás 21.20
horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta arredor de 10.000
hectáreas en territorio galego. Este lume afecta tamén aos municipios da Gudiña
e Viana do Bolo; así como a territorio da provincia de Zamora. Para a súa
extinción mobilizáronse de xeito acumulado 8 técnicos, 50 axentes, 69 brigadas,
55 motobombas, 4 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 11 helicópteros e 20
avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias
(UME). Tamén colaboraron nas tarefas de extinción medios terrestres
portugueses.
Estabilizado Carballeda
de Avia-Vilar de Condes e Beade-As Regadas
O venres 15 ás
16.38 horas iniciábase o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda
de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18.16 rexistrouse
outro na localidade ourensá de Beade, parroquia de As Regadas. Os dous lumes
uníronse nun só, que está estabilizado desde o xoves 21 ás 11.36 horas e que
segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 4.000 hectáreas, parte
delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia. Mobilizáronse para a
súa extinción, de xeito acumulado, 4 técnicos, 104 axentes, 183 brigadas, 102
motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 12 avións.
Estabilizado
Vilardevós-Vilar de Cervos
Desde as 23.44
horas do martes 19 está estabilizado o incendio do concello ourensán de
Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos, iniciado mércores 13 ás 18.09.
Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 900
hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos,
22 axentes, 14 brigadas, 15 motobombas, 3 helicópteros e 5 avións.
Estabilizado
Riós-Fumaces e a Trepa (anteriormente Vilardevós-Fumaces e a Trepa)
Estabilizado
desde as 01.39 horas do martes 19 o incendio iniciado ás 17.41 horas do xoves 14
no concello de Riós, parroquia de Fumaces e a Trepa, que segundo as últimas
estimacións rolda as 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito
acumulado 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 3 avións. Este lume aparecía
ata o de agora iniciado no veciño concello de Vilardevós, na parroquia homónima
de Fumaces e a Trepa.
Estabilizado
Riós-Trasestrada
Estabilizado
desde as 01.39 horas do martes 19 o lume que comezou o luns ás 14.33 horas do
luns 18 no concello ourensán de Riós, parroquia de Trasestrada, que segundo as
últimas estimacións afecta unha superficie de 20 hectáreas. Para a súa
extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 3 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba, 2
helicópteros e 3 avións.
