martes, 22 de abril de 2025

Comeza mañá no Parlamento de Galicia o Debate de Política Xeral dentro da máis absoluta normalidade democrática


O Debate de Política Xeral dará comeza mañá mércores, ás 10 horas, coa intervención do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Pola tarde, terá lugar a intervención dos portavoces dos catro grupos parlamentarios, por un tempo máximo de 45 minutos, aos que seguirá a réplica do Presidente da Xunta, ben en conxunto a todos os grupos ou de xeitos individual, sen límite de tempo.

A continuación, os portavoces dos grupos terán unha segunda intervención por un tempo máximo de 15 minutos, para poñer fin a esta primeira xornada do Debate de Política Xeral co peche a cargo do Presidente da Xunta.

Os grupos parlamentarios terán de prazo ata as 10.30 da mañá do xoves, 24 de abril, para rexistrar un máximo de 40 propostas de resolución, que serán negociadas ao longo de todo o día tendo como prazo ata as 22.30 para rexistrar as transaccións e propostas de votación por separado.

O Debate sobre Política Xeral retomarase o venres, a partir das 11 horas co debate das propostas de resolución, no que cada grupo parlamentario disporá dunha primeira quenda de 30 minutos para defender as propostas propias e dunha segunda quenda de 10 minutos para a fixación da súa posición respecto das propostas dos demais grupos parlamentarios.

Este importante  debate vai a ter lugar xusto un ano e dez días despois da toma de posesión de Alfonso Rueda como Presidente da Xunta, o que pon de manifesto a súa vontade total de transparencia e de poñer enriba da mesa o seu proxecto de Goberno para a valoración tanto dos grupos da oposición como de toda a sociedade galega.

Lamentablemente no Congreso dos Deputados seguimos á espera de que o presidente do Goberno, convoque o Debate sobre o Estado da Nación: Desde o PP vimos denunciando que o último —e o único desde que Pedro Sánchez chegou ao Goberno— celebrouse en xullo de 2022.