domingo, 2 de febrero de 2025

Os senadores lucenses e ourensáns do PP tamén denuncian a paralización da autovía A-56, Ourense e Lugo


O pasado luns, nunha entrada deste blog daba conta de que nos primeiros días deste ano os deputados ourensáns do Partido Popular, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana rexistraramos unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno demandando respostas escritas sobre a situación dos tramos ourensáns da autovía A-56 Ourense-Lugo, paralizados, atrasados ou simplemente abandonados polo executivo de Pedro Sánchez.

E resaltabamos a decepcionante, ou mesmo desoladora, situación administrativa dos tramos que van desde Quintela ata Sanmartiño.


Onte sábado, os nosos compañeiros senadores do  PP de Lugo e Ourense compareceron en rolda de prensa xunto a alcaldes e portavoces dos municipios afectados pola “paralización” desta autovía para dar conta das súas iniciativas na Cámara Alta.

O lucense Xosé Manuel Barreiro advirtiu que “esta autovía leva anos paralizada polo Goberno de Sánchez”; xa que “só está en funcionamento un pequeno tramo impulsado polo Goberno de Rajoy

E reivindicaron que “a comunicación por estrada entre as dúas capitais das provincias galegas do interior sexa por autovía” sen esquecer afear que “a alternativa, a N-540, se atopa en mal estado”

http://www.celsodelgado.gal/2025/01/hoy-desde-el-pp-de-ourense-difundimos.html