O 31 de xaneiro de 2020 asistín ao acto de presentación á veciñanza de Ourense do futuro centro integral público de atención ás persoas maiores da cidade que se emprazará na parcela da velal estación de autobuses.
Antes as conselleiras de Política Social, Fabiola García, e a de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, tiveron unha reunión no propio lugar cos veciños do barrio do Pino na que estiveron acompañadas da delegada territorial de Ourense, Marisol Díaz, do alcalde Gonzalo Jácome e doutros responsables políticos, entre eles eu.
Daquela Fabiola García explicou que a prioridade da Xunta de Galicia era impulsar e revitalizar o barrio do Pino, logo de que a estación de autobuses se trasladas á Ponte coa nova intermodal. E sinalou que se quería aproveitar un espazo que quedaba baleiro coa posta en marcha dun servizo necesario para a cidade.
Sinalou que esa infraestrutura, que financiará, construirá e equipara a Fundación
Amancio Ortega, achegará máis servizos ás persoas de máis idade. Suporá un
investimento duns 12 millóns de euros e permitirá poñer á disposición das
familias de Ourense 120 prazas públicas.
Ademais, que a súa posta en
funcionamento traería a creación de 110 postos de traballo no ámbito dos
coidados, un sector en auxe e no que Galicia ten potencial para ser líder. Dixo
que a nova residencia, deseñada polo estudio coruñés Elsa Urquijo Arquitectos, e que contará cun equipamento de vangarda e
con servizos innovadores como as unidades psicoxeriátricas, especializadas na
abordaxe do Alzhéimer e outras demencias.
http://www.celsodelgado.gal/2020/01/asisto-esta-mana-ao-acto-de.html
Logo o 8 de febreiro de 2022, dous anos despois, asistín a un acto organizado pola Xunta de Galicia na que a Conselleira de Política Social, Fabiola García, diante dun auditorio de centos de veciños e veciñas, presentou no solar asignado o proxecto da Residencia de Maiores que financiará, equipará e construirá nos terreos da antiga estación de autobuses a Fundación Amancio Ortega cun orzamento de 12 millóns de euros.
A conselleira convidou
aos máis de 500 veciños presentes no acto a imaxinarse como sería Ourense a día
de hoxe sen a Ponte Romana, a do Milenio, As Burgas ou o campus das Lagoas.
“Esta residencia será unha das claves do Ourense do futuro, e os nosos fillos e
netos non se poderán imaxinar a cidade sen ela”, afirmou.
Dixo que
mantearíase un diálogo constante cos veciños para que as rúas do entorno deste
centro cumpran coas súas expectativas e tamén se crearán novas zonas
axardinadas, para que este centro se converta nun novo “pulmón verde” da
cidade, en palabras da conselleira.
Indicou que
“ningunha parcela era mellor ca esta” para levantar este centro, pois ofrece
14.000 metros cadrados para a construción da residencia e dunha zona verde.
E formulou o seu desexo de que “á terceira vaia a vencida” e que no pleno extraordinario do Concello de Ourense do venres 11 de febrero de 2021 fora desbloqueada a situación da residencia. “Isto non vai de siglas políticas. Isto non vai de afinidades persoais. Isto non vai do que se votase en ocasións anteriores. Isto non vai de pasado, isto vai de futuro”, concluíu.
http://www.celsodelgado.gal/2022/02/asisto-esta-tarde-en-ourense-un-acto.html
A área social da Fundación Amancio Ortega
Onte o presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e a presidenta da Fundación Amancio Ortega (FAO), Flora Pérez Marcote, acompañados pola conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, asistiron en Lugo á entrega do segundo centro de maiores construído e financiado integramente pola FAO.
A primeira foi inaugurada en Santiago o pasado mes de outubro, e ambas comezaran a recibir os primeiros usuarios a partir do vindeiro mes de maio.
Na nota de prensa difundida pola Xunta di que “esta nova residencia, financiada integramente na súa construción e equipamento pola FAO e que levará o nome de San Antonio de Padua, entrégase chave en man á Xunta para integrarse na rede pública, segundo o Convenio asinado o 13 de novembro de 2019 co Executivo autonómico. O centro, executado segundo o modelo creado por Elsa Urquijo Arquitectos , conta con 120 prazas —distribuídas en 42 habitacións dobres e 36 individuais—, zonas de atención especializada —con salas de terapias e consultas médicas— e servizos de comedor, podoloxía, ximnasio, lavandería ou salón de peiteado, entre outros. Unha mostra do carácter vangardista do centro son as unidades psicoxeriátricas coas que conta, para a atención ás persoas con alzhéimer e outras demencias. Con este novo centro, contan xa con prazas públicas máis de 15.000 persoas en Galicia, máis do triplo que en 2009.
En total, a aportación da FAO para o proxecto das sete residencias en Galicia é de 180 millóns de euros, superior a cantidade prevista inicialmente, debido á calidade do proxecto construtivo e o carácter vangardista do equipamento instalado, e suporá a creación de máis de 800 empregos. Nas cidades da Coruña, Pontevedra e Ferrol os traballos de construción están en plena execución, e nos estadios de tramitación urbanística as residencias de Ourense e Vigo.
A FAO investiu máis de 25 millóns de euros na construción e o equipamento deste centro de Lugo. Rueda agradeceu o compromiso, implicación e dedicación da Fundación Amancio Ortega no eido social que se traduce en proxectos coma estas residencias públicas que van construír —para ampliar en 900 as prazas da rede pública autonómica—, as escolas infantís impulsadas en oito concellos ou os centros interxeneracionais de Ourense e Arteixo."
O PP de Ourense aplaude o “compromiso social” do Goberno galego coa provincia tras aprobar 10,7 millóns de inversión en centros de atención a maiores
O Partido Popular de Ourense aplaude o “compromiso social” do Goberno galego coa provincia trala aprobación, no último Consello da Xunta, dun investimento de máis de 10,7 millóns de euros na construción, mellora ou ampliación de 16 centros de atención a maiores noutros tantos concellos ourensáns.
O financiamento aprobado esta mesma semana demostra que a Xunta de Galicia “segue cumprindo claramente con Ourense”, desta volta no ámbito social e cun importante paquete de proxectos que case alcanza o 62 % de todo o investimento que, nesta materia, vaise realizar no conxunto da comunidade galega.
Esta decisión, destacamos os populares ourensáns, súmase á intención da Xunta de poñer todos os medios necesarios para axilizar a construción da residencia de maiores que promove a Fundación Amancio Ortega nos terreos da antiga estación de autobuses da capital, cun investimento de 10 milóns de euros.
Un proxecto, lembran desde o PP, que figura entre os 12 compromisos asinados polo presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e o líder dos populares de Ourense, Luis Menor, a desenvolver na cidade nesta lexislatura.
Outro dos aspectos valorados desde as filas do Partido Popular é a colaboración institucional, pois para facilitar a construción, mellora ou ampliación das 16 residencias, fogares, centro de día e sociais, o Goberno galego vai contar co apoio da Deputación de Ourense.
A institución
provincial colaborará con estes proxectos achegado inicialmente un millón de
euros, a metade deles incluídos na modificación de crédito que se presentará ao
pleno de finais de abril.
https://www.xunta.gal/documents/35297/43033/040424-referencia.pdf?version=1.0