Asisto esta mañá ao acto de presentación á veciñanza de Ourense do futuro centro integral público de atención ás persoas maiores da cidade que se emprazará na parcela da actual estación de autobuses
Foron as conselleiras de Política Social, Fabiola
García, e a de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, as que o fixeron nunha reunión no propio lugar cos veciños do
barrio do Pino na que estiveron acompañadas da delegada territorial de Ourense,
Marisol Díaz, do alcalde Gonzalo Jácome e doutros responsables políticos.
Fabiola García explicou que a prioridade da Xunta de Galicia é impulsar e revitalizar o barrio do Pino, logo de que a estación de autobuses se traslade á Ponte coa nova intermodal. Desta maneira, sinalou que se quere aproveitar un espazo que queda baleiro coa posta en marcha dun servizo necesario para a cidade.
Fabiola García explicou que a prioridade da Xunta de Galicia é impulsar e revitalizar o barrio do Pino, logo de que a estación de autobuses se traslade á Ponte coa nova intermodal. Desta maneira, sinalou que se quere aproveitar un espazo que queda baleiro coa posta en marcha dun servizo necesario para a cidade.

Ademais, a súa posta en funcionamento traerá a
creación de 110 postos de traballo no ámbito dos coidados, un sector en auxe e
no que Galicia ten potencial para ser líder. A nova residencia, deseñada polo
estudio coruñés Elsa Urquijo Arquitectos, contará cun equipamento de vangarda e
con servizos innovadores como as unidades psicoxeriátricas, especializadas na
abordaxe do Alzhéimer e outras demencias.
Unha das mellores residencias de Europa
A conselleira de Política Social destacou que con esta
proposta se dá un gran paso na atención ás persoas maiores ao dotar este barrio
dunha das mellores residencias de toda Europa. Recordou que o Goberno galego
ten no coidado ás persoas de máis idade un eixe fundamental. Por iso, na
actualidade existe unha ampla rede de servizos tanto para aqueles que queren
ser atendidos na súas casas, con programas como o de Teleasistencia, o Xantar
na Casa ou o Servizo de Axuda no Fogar; como para os que precisan dunha maior
atención, con máis prazas públicas de residencia, máis de 8000 hoxe en día,
cerca dun 50% máis que hai unha década.

Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e
Mobilidade, Ethel Vázquez, puxo en valor a coordinación entre os distintos
departamentos da Xunta e as achegas recibidas de asociacións e veciños para
darlle uso público e social a esta parcela da estación, destinándoa a albergar
unha residencia da terceira idade.
Proxecto da demolición da estación
Destacou que o Goberno galego está traballando para
acadar a terminal de autobuses da Intermodal e o aparcamento de 300 prazas que
A Ponte necesita, ao mesmo tempo que está redactando o proxecto de demolición
da actual estación para poder construír a residencia canto antes.

Finalizada a reunión, as conselleiras tiveron oportunidade de falar cos veciños, escoitar as súas suxerencias e ampliar á información sobre o futuro centro de maiores.
A área social da Fundación Amancio Ortega
O 13 de setembro de 2019, a Fundación Amancio Ortega asinou un convenio coa Xunta de Galicia para a posta en marcha de sete centros residenciais públicos -Centros de Atención Integral a Persoas Maiores- nas sete principais cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.
A Fundación Amancio Ortega levará a cabo a construción dos sete inmobles e dotaraos co seu equipamento completo, para a súa posterior integración na rede pública autonómica de atención a maiores. O investimento estimado inicialmente pola FAO para o desenvolvemento deste proxecto é de 90 millóns de euros.

Compre gabar o compromiso social da Fundación Amancio Ortega, que xa financiou un centro interxeracional de Ourense (A Farixa), e que ten feito importantes doazóns á diagnose e tratamento do cancro nos hospitais públicos, entre eles os de Ourense
Grazas a Amancio Ortega por esa vocación altruísta en beneficio da sociedade galega.