Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 20.706.500,
rexistrando un descenso do 0,89% con respecto ao pasado mes de xullo.
Na comparativa interanual (agosto de 2023 con
agosto de 2022) obsérvase un aumento de 22.580 afiliacións no total do sistema en Galicia (2,14%) e un aumento do
2,76% (555.499 afiliacións) no conxunto estatal.
Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de xullo de 2023, rexístrase unha subida das afiliacións en catro comunidades autónomas (Asturias, Extremadura, Canarias e Cantabria); mentres que en trece comunidades autónomas baixan as afiliacións, destacando Murcia (-1,92%) e Cataluña (-1,61%). En canto ás taxas con respecto ao mes do ano anterior, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Illes Balears e Canarias con taxas interanuais superiores ao 4,00%.
Datos de afiliacións por provincias
O número medio de afiliacións á Seguridade Social
aumentou con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas. Ourense é a provincia que
presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do
2,38%, seguida da Coruña (2,26%), Pontevedra (2,06%) e
Lugo (1,74%).
No que respecta ás afiliacións medias deste mes de agosto con respecto ás
do mes de xullo, rexistrouse en Galicia un
descenso do 0,02%. Pontevedra (-0,10%) e A Coruña (-0,08%) presentan unha taxa de variación intermensual
negativa, mentres que Ourense (0,29%) e Lugo (0,17%) presentan unha taxa de variación intermensual positiva.
Información segundo réxime de afiliación
As afiliacións ao réxime xeral, que representan o
79,03% das afiliacións galegas en agosto de 2023, aumentou un 0,03% con respecto ao mes anterior. Na comparativa
interanual obsérvase un aumento do 2,94%.
En España estas taxas foron do -1,00% con respecto a xullo de 2023 e do 3,28% en relación ao mes de agosto de
2022. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (73,97%).
Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos,
Lugo (-1,68%), Ourense (-1,55%) e A Coruña (-0,81%) amosan unha taxa de variación interanual negativa, mentres que
Pontevedra (0,31%) presenta unha taxa de
variación interanual positiva. A media da comunidade galega sitúase entón no -0,66%. Para este réxime e con respecto
ao mes de xullo de 2023, baixan as catro provincias galegas, Lugo (-0,21%), A Coruña (-0,20%), Ourense (-014%) e
Pontevedra (-0,11%), resultando para o conxunto de
Galicia unha taxa intermensual do -0,16%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual
do 0,19% e unha baixada intermensual do 0,33%.
No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a agosto de
2022, baixan as afiliacións en Lugo (-4,58%),
A Coruña (-2,12%) e Pontevedra (-1,52%). A taxa galega acada entón o -1,92%, inferior á de España (-0,23%). Con
respecto a xullo de 2023, A Coruña presenta un descenso do 1,07%, seguida de Pontevedra cun descenso do
0,57%; mentres que Lugo presenta unha subida do
0,61%. A taxa galega amosa un descenso do 0,62 con respecto a xullo de 2023. A taxa nacional é do -0,67%.
Ourense:
O número medio de afiliados á
Seguridade Social situouse o pasado mes de agosto en 106.890 ocupados,
cifra que supuxo un aumento de 310 persoas afiliadas respecto ao mes
anterior (0,29%)
En términos anuais, a
afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 2.490 ocupados
(2,38 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou xaneiro con 84.266 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 22.623 afiliados medios.
Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e Instituto Galego de Estatística