lunes, 4 de septiembre de 2023

Alberto Pazos , o novo portavoz estará acompañado na dirección do Grupo Popular polas vicevoceiras Paula Prado, Raquel Arias e Marisol Díaz

Os deputados do Grupo Popular retomaron esta mañá a súa reunión habitual dos luns na que respaldaron a propostas feita polo Presidente do PPdeG e do Grupo Parlamentario, Alfonso Rueda, para que Alberto Pazos Couñago sexa o novo Portavoz do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, substituíndo a Pedro Puy. Así mesmo, Paula Prado continuará desempeñando o cargo de viceportavoz 1ª do Grupo Popular e se nomearon a Raquel Arias Rodríguez e Marisol Díaz Mouteira como viceportavoces 2ª e 3ª, respectivamente. Por último, deuse a benvida aos novos deputados Sandra Vilela e José Luis Regueiro, que substitúen a Pedro Puy e Francisco Conde.

O novo portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, amosou hoxe a súa “man tendida” a chegar a acordos no ámbito parlamentario coas forzas da oposición e avanzou que “farei todo o posible para que se manteña o clima de cordialidade persoal que sempre tiven con todos os compañeiros neste Parlamento e unha interlocución fluída para acadar todos os acordos posibles en beneficio dos galegos”.

AGRADECEMENTO DE CONFIANZA E APOIO

Alberto Pazos agradeceu “a confianza que o Presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, ten depositado en min para propoñerme como novo portavoz do Grupo Parlamentario Popular e o apoio que todos os compañeiros do grupo me manifestaron para asumir esta responsabilidade”.

De cara á actividade parlamentaria, Pazos explicou que “imos continuar defendendo e demandando para Galicia cuestións que consideramos fundamentais para a mellora económica e social desta Comunidade autónoma, independentemente de quen estea á fronte do Goberno de España”. “Unhas cuestións que o propio Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou directamente ao candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, o pasado venres nunha conversa telefónica, insistindo na urxencia de que o futuro Goberno de España materialice os compromisos pendentes con Galicia, que o Goberno de Pedro Sánchez foi incapaz de cumprir”, dixo.

En concreto, o portavoz popular referiuse á transferencia da AP-9; as melloras nas comunicacións ferroviarias, coa chegada definitiva e inmediata dos trens Avril e as conexións de Lugo e Ferrol; o impulso ao Corredor Atlántico de Mercadorías; a decisiva mobilización dos fondos europeos, tan importantes para o desenvolvemento de proxectos tractores para Galicia como Altri, Stellantis, Resonac ou as plantas de hidróxeno verde de Meirama e As Pontes;  incrementar as prazas de MIR para cubrir o déficit existente de médicos de familia e pediatras, non só en Galicia senón en toda España; ou a transferencia dos medios necesarios para que Galicia xestione o seu propio litoral, apoiada na nova Lei aprobada recentemente neste Parlamento.

CUESTIÓNS COÑECIDAS

“Estamos a falar de cuestións de sobra coñecidas para este Parlamento, xa que sobre moitas delas xa se aprobaron iniciativas, moitas delas por unanimidade, pero que desde o Grupo Popular imos seguir insistindo ao longo deste período de sesións e ata que remate a actual lexislatura”, engadiu.

Así, xa durante esta mesma semana e nas distintas comisións que se van celebrar, o Grupo Popular defenderá iniciativas reiterando ao Goberno de España que transfira fondos europeos para a súa xestión directa desde a Comunidade galega, co obxectivo de garantir a viabilidade dos proxectos tractores; ou o impulso das enerxías renovables a través da promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilicen os recursos naturais de Galicia.

“E, por suposto, seguir traballando na creación de postos de traballo, nun día no que coñecemos as cifras de paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto, no que Galicia situouse como a terceira comunidade autónoma con maior descenso do paro anual (-10%), un dato que mellora en case 2,5 puntos a media estatal (-7,58%)”, sinalou.

INICIO DO CURSO ESCOLAR

Para rematar, Alberto Pazos lembrou que esta semana dará comezo o curso escolar, “que en Galicia var ser menos problemático para as familias gracias ao apoio que a Xunta vai prestar para a adquisición de libros de texto e material escolar”. Neste sentido, subliñou o “firme compromiso da Xunta coas familias e con que a volta ás aulas non sexa un problema económico para ninguén”, para o que 7 de cada 10 familias reciben algún tipo de apoio da Xunta en materia escolar, o que supón un aforro de máis de 100 millóns de euros para os fogares con nenos só neste curso.

Ademais, a Xunta incrementará este ano máis dun 12 por cento a contía das achegas para mercar libros de texto, ao tempo que amplía cerca dun 40 por cento os beneficiarios do vale para material escolar, ata chegar aos 130.000 alumnos. Esta cifra supón que o gasto que destinará este ano a Xunta para libros de texto e material escolar sexa máis do dobre que antes da pandemia, pasando de 12 a 26 millóns de euros.

España; ou a transferencia dos medios necesarios para que Galicia xestione o seu propio litoral, apoiada na nova Lei aprobada recentemente neste Parlamento.

CUESTIÓNS COÑECIDAS

“Estamos a falar de cuestións de sobra coñecidas para este Parlamento, xa que sobre moitas delas xa se aprobaron iniciativas, moitas delas por unanimidade, pero que desde o Grupo Popular imos seguir insistindo ao longo deste período de sesións e ata que remate a actual lexislatura”, engadiu.

“Somos conscientes que non todas as familias teñen as mesmas necesidades, por iso establecemos un sistema de reparto progresivo, moito máis xusto que o do Goberno Bipartito, grazas ao cal reciben máis axudas as familias que máis o precisan”.