Galicia:
Medra
o paro rexistrado en Galicia no mes de agosto en relación co mes anterior en
280 persoas, un 0,22 %. Queda situado en 127.725 persoas.
Nun mes no que adoita subir o paro pola finalización dos contratos de verán, Galicia - acadou a segunda cifra máis baixa de desemprego de toda a serie histórica (1996) e tamén a mellor nun agosto desde que hai rexistros en paro feminino.
Subliñar a boa evolución do desemprego feminino que se situou no seu mínimo para un agosto desde que hai rexistro (2005) con 76.208 mulleres. O paro de longa duración, remarcou, acadou o seu chan dos últimos 15 anos (algo máis de 65.000 persoas) e a cifra de desempregados menores de 30 anos, a segunda cifra máis baixa (13.310) desde que se leva a conta, despois da anotada o pasado xullo.
Por sectores, 4.018 son da agricultura, 12.873 da industria, 8.744 da construción, 90.668 dos servizos e 11.422 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de agosto do ano pasado, 14.187 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 10,00 %.
Por sectores, o primario lidera esa baixa (-15,61%) seguido do da industria (-13,93%). Ese 10% sitúa a Galicia como a terceira comunidade con maior descenso do desemprego en termos porcentuais respecto de hai un ano no conxunto do Estado.
Ourense
Medra
o paro rexistrado en agosto na provincia de Ourense en relación co mes anterior
en 23 persoas, un 0,15 %.
O
número de parados queda en 14.938 deles 6.071 son homes e 8.867 mulleres, 14.353
son maiores de 25 anos e 585 menores.
Por
sectores, 711 son da agricultura, 1.576 da industria, 1.011 da construción, 10.124 dos
servizos e 1.516 do colectivo sen emprego anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 1.825 persoas
sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do
– 10,89 %.