sábado, 11 de febrero de 2023

Vendo en Expourense o Campionato de España de atletismo de clubs en pista cuberta

Acudo hoxe á  pista cuberta de atletismo de Expourense para ver o Campionato de España de atletismo de clubs en pista cuberta na categoría masculina -Copa Joma- e feminina -Copa Iberdrola-.

Participaron nesta competición algúns dos mellores atletas de España que aproveitaron para afinar a súa preparación de fronte ao Campionato de España Absoluto que se celebrará o 18 de febreiro, buscando ademais a clasificación para o Campionato de Europa. 

A competición foi organizada pola Real Federación Española de Atletismo, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e Sociedade Ximnástica de Pontevedra.


https://www.rfea.es/noticias/2023/20230211_cronica_CopaClubesPC_iberdrola.html