domingo, 1 de enero de 2023

Comezando 2023 co magnífico Concerto de Aninovo de Viena

Un ano máis, como millóns de televidentes dos cinco continentes sigo desde a miña casa este primeiro día de 2023 o Concerto de Aninovo, que ten lugar en Gran Sala Dourada do Musikverein de Viena.

Un pracer escoitar á Orquestra Filarmónica de Viena, dirixida nesta ocasión polo austríaco Franz Welser-Möst  e tamén ver as actuacións de ballet e o programa de intervalo entre as dúas partes do concerto, que este ano conmemora o 150 aniversario da Exposición Universal celebrada nesa capital en 1873. Ademais, escoitar como novidade as voces dos Nenos Cantores de Viena.

Felicitar á radiodifusión austríaca (ORF) pola súa magnífica retransmisión a través de Eurovisión.