A variación interanual da inflación subxacente (índice xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) foi dun 6,9%, dúas décimas superior á rexistrada en outubro (6,7%) e seis décimas superior á rexistrada a nivel estatal (6,3%).
En termos de taxa interanual, son os grupos de "Alimentos e bebidas non alcohólicas" (15,0%) e "Transporte" (9,1%) os que repercuten máis positivamente na taxa (cinco puntos entre os dous grupos).
Galicia ten un IPC algo máis elevado que a media, que é do 6,8%, debido a que:
- A súa dispersión, única no conxunto de España, obriga a un uso máis intensivo do transporte particular, e a distribución –especialmente de alimentos- ten que recorrer maiores distancias.
- Os sectores que máis peso teñen no IPC en Galicia, como son a luz e o transporte, son os que máis se teñen encarecido