Conmemoramos
na cidade de Ourense este martes 6 de decembro, o Día da Constitución no 44
aniversario da súa aprobación cun acto institucional que tivo lugar ás 12:00
horas no auditorio municipal de San Francisco. Foron entregados os premios aos
alumnos que gañaron a 38ª edición do Concurso da Constitución Española, que versou nesta ocasión arredor
dos artigos 44 e 46, un concurso dirixido a estudantes dos distintos niveis
educativos de entre 3 e 18 anos da provincia.
Foi presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González
Afonso; e contou tamén coa presenza do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez
Jácome; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; o presidente da Audiencia
Provincial, Antonio Piña; a fiscala xefe de Ourense, Eva Regueiro; e parlamentarios
do Congreso, o Senado, do Parlamento galego e deputados provinciais, ademais
doutras institucións e representantes dos ámbitos sociais, da xudicatura e da
cultura.
 |
Foto O Sil |
Durante o acto tamén foron
entregadas mencións especiais por “actividades extraordinarias a prol da
sociedade” á Cruz Vermella en Ourense; ao Grupo de Rescate Especial de
Intervención en Montaña; ao Seprona e á Policía Xudicial de Ourense; e a Juan
Carlos Blázquez, comisario xefe provincial, despois de 42 anos de servizo.Rematou o acto coa interpretación dos himnos de Galicia e de España.
 |
Foto O Sil |