martes, 6 de diciembre de 2022

A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial terá a sede na Coruña

Onte o Consello de Ministros, tras o ditame elevado pola Comisión Consultiva, decidiu por unanimidade que a axencia Espacial Española sitúese en Sevilla e a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial na Coruña.

O procedemento para determinar as sedes das novas axencias públicas estatais tivo unha ampla acollida ao recibirse 37 candidaturas en total procedentes de 14 comunidades autónomas.


Importancia da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial


A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial gozará de autonomía, independencia, patrimonio propio e potestades administrativas. Será clave para asegurar o cumprimento da regulación europea en materia de Intelixencia Artificial (IA) e para supervisar a correcta interpretación da mesma. Pretende concienciar así mesmo sobre o impacto da IA na sociedade, co obxectivo de xerar confianza nun ecosistema respectuoso e garantista no uso desta tecnoloxía. Neste sentido, a Axencia ten como principal misión minimizar os riscos que pode traer a IA en campos como a seguridade, a intimidade e a saúde das persoas, así como sobre os demais dereitos fundamentais.


A Xunta destaca a implicación de toda Galicia e o traballo coordinado do nodo como claves para a designación da Coruña para acoller a AESIA


Onte a Xunta de Galicia destacou a implicación de toda a sociedade, as universidades, as administracións e os sectores de actividade, así como o traballo coordinado do nodo GalicIA, como claves para que A Coruña fose designada hoxe polo Consello de Ministros do Estado como sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial.


Lembrar que o pasado 24 de outubro a Xunta de Galicia, as tres universidades públicas galegas e a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal acordaron por unanimidade informar de que A Coruña era opción galega con máis posibilidades para acoller a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial. Tamén optaban na Comunidade a cidade de Ourense e de Santiago de Compostela.


Nesa reunión afirmouse que era unha candidatura con “carácter de país” e avanzaon que a localización da sede da Aesia en Galicia debería favorecer ao conxunto da sociedade galega e propiciar investimentos en tecnoloxías relativas a intelixencia artificial en todo o sistema universitario.


Na reunión do nodo galicIA participaron o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; representantes das consellerías de Sanidade e Educación, Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

A designación adoptada onte de Galicia como sede da AESIA é un recoñecemento aos esforzos da nosa Comunidade por situarse na vangarda da transformación dixital pese as limitacións de partida relacionadas coas súas características poboacionais e xeográficas. A actual posición de Galicia é o resultado da aplicación de dúas axendas dixitais e, neste momento, da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030).

 

Precisamente, o eixo transversal da EGD2030 refírese á especialización da nosa Comunidade no coñecemento e na aplicación das tecnoloxías. A instalación da AESIA na nosa Comunidade cumpre e reforza os obxectivos de atraer infraestruturas e entidades de referencia, así como de reter e atraer talento dixital.


Coa sede da Axencia, Galicia introdúcese de cheo na estratexia europea cara ao liderado mundial nunha Intelixencia Artificial fiable e de valores humanistas. A AESIA será a primeira das axencias que se creen en Europa e deberá marcar o camiño a seguir por todas as demais.

 

Estes obxectivos europeos coinciden cos establecidos por Galicia na Estratexia Galega de Intelixencia Artificial e reforzados por iniciativas como o estudio das tres universidades.


Ecosistema de IA


Por outra banda, Galicia conta cunha longa traxectoria na implantación e desenvolvemento de tecnoloxías dixitais, así como na formación e investigación en tecnoloxías intelixentes.


Para a avaliación das capacidades dos ecosistemas de formación e investigación en IA, tivéronse en conta indicadores de prazas ofertadas polas universidades públicas do SUG, profesores vinculados directamente á IA nas universidades públicas do SUG, grupos de investigación en temas relacionados, as teses lidas en cada unha das universidades, así como as capacidades da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS).


Por último, Galicia é tamén a sede de grandes empresas multinacionais que son líderes mundiais nos seus sectores de actividade. Nos últimos dez anos produciuse un importante crecemento no sector tecnolóxico, que na nosa Comunidade conta con 2.961 empresas con 20.740 empregados e xera unha facturación de 2.908 millóns de euros.


Para avaliar as capacidades dos ecosistemas económicos e empresariais en IA, tivéronse en conta indicadores do número total de empresas, traballadores e volume de facturación.


Neste BOE constan os informes individualizados das candidaturas presentadas consideradas como de EXCELENCIA. En cada uno de eles consta o análise pormenorizado dos criterios de valoración establecidos.


https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/06/pdfs/BOE-A-2022-20639.pdf