lunes, 7 de noviembre de 2022

Sobre o estado de situación das obras do paso inferior da rúa Ramón Puga e do paso superior de Tarascón, que ADIF aínda non licitou

 

No Pleno do Concello de Ourense do pasado venres 4 de novembro debateuse unha moción do BNG relativa ao estado de situación do paso inferior da rúa Ramón Puga e do paso superior de Tarascón.
Foi defendida polo concelleiro Luis Seara, que amosou preocupación polo feito de que as obras destes pasos áinda non foran licitadas polo ADIF e o temor por que existan revisións de prezos e de proxectos.

A posición do noso Grupo foi defendida polo concelleiro José Cudeiro que lembrou as actuacións realizadas polo anterior al calde popular Jesús Vázquez.

Finalizado o debate, a moción foi votada a favor pola totalidade do Pleno. Dice así: "Instar ao Goberno local do Concello de Ourense a dirixisrse a ADIF para esixir o cumprimento do convenio asinado e, en consecuencia a execución das obras de mellora da permeabilidade urbana previstas na rúa Ramón Puga e na rúa Tarascón de Ourense"

Comparto esta Moción,que trasladarei ao Congreso por medio de iniciativas parlamentarias para que ADIF licite xa as obras.

Lembro os seguintes antecendentes sobre estoos pasos:

I - O deputado Celso Delgado o 10 de xullo de 2015 acompañou ao noso anterior alcalde, Jesús Vázquez nas primeiras conversacións en Madrid no Ministerio de Fomento, na que reclamamos a que ADIF proxectara en cofinanciara estos pasos. Esta iniciativa foi impulsada polo PP, non polo BNG.

http://www.celsodelgado.gal/2015/07/o-alcalde-de-ourense-reunese-cia.html

II - Finalmente o 22 de xuño de 2016 o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e a ministra de Fomento, Ana Pastor, asinaron un Protocolo de Colaboración entre o Concello de Ourense e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias para o desenvolvemento da permeabilidade da Cidade.

No “expoñen terceiro do Protocolo constábase que actualmente na cidade de Ourense concorren:

“A liña ferroviaria Zamora- A Coruña que atravesa a cidade, localizándose un paso inferior na  rúa Ramón Puga, antiga estrada de  Rairo,  pk. 244/881 de  gálibo e anchura reducida e non está dotado de beirarrúas.

E a liña ferroviaria Monforte-Ourense-Vigo que atravesa a cidade, localizándose un paso superior á mesma no  p. k. 48/241 na Rúa  Tarascón, no que non se poden cruzar dous vehículos, e non está dotado de beirarrúas.

Tendo en conta esta problemática, ambas as partes, Concello de Ourense e ADIF acordaron que:

O ADIF comprometíase a redactar os proxectos de construción unha vez que recibise do Ministerio de Fomento a achega finalista necesaria para o seu financiamento.

E o Concello de Ourense entregaría a ADIF os estudos previos dos que dispoña cuxo obxecto sexa a definición das obras para executar para cumprir os obxectivos de ampliar o paso inferior da Rúa Ramón Puga para permitir o paso de vehículos lixeiros, dotándoo de beirarrúas. E  para ampliar o paso superior de  Tarascón, dotándoo de beirarrúa.”

III.- Na Lei de PGE de 2018, aprobada polo PP este proyecto (4047) estivo dotado con 589,00 miles de euros. Deixóu de ter partida nos PGE de 2020, 2021 e 2022 elaborados polo goberno socialista

IV.- O 1 xuño de 2018 foi votada a moción de censura, de modo que ADIF deixou a partir destas de estar baixo a responsabilidade da administración popular.

En todo caso o proxecto de Tarascón  foi sometido por ADIF a información pública o 6 de xuño de 2018, e o 11 de xuño de 2018 o proxecto de ampliación do paso inferior da rúa Ramón Puga.

V.- O 22 de octubre de 2019 recibimos a boa noticia de que nunha reunión extraordinaria, a Xunta de Goberno do  Concello de Ourense deu visto e prace a sete modificacións orzamentarias. Unha delas relativa á habilitación dun crédito de 586.255,71  euros, para destinalo ao cofinanciamento das dúas  actuación.

Dicían que o seguinte trámite era levalo a Pleno do Concello para a súa aprobación e así estar en condicións de asinar o Convenio co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF). Lamentablemente a situación anómala que vivía o Concello de Ourense, levou a que este trámite tivese un enorme retraso.

VI.-  O 10 de decembro de 2021 informou ADIF por medio dunha nota de prensa que a súa a presidenta, María Luisa Domínguez, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez, asinaron un convenio para o desenvolvemento e mellora da permeabilidade da cidade na Rúa de Ramón Puga (punto quilométrico 244/881 da liña ferroviaria Zamora-A Coruña) e a Rúa de  Tarascón (p. k. 48/241 da liña Monforte-Vigo).

Afirman que “o investimento previsto nas obras de mellora ascende a 1.172.511,42 euros (IVE incluído), cantidade que será financiada ao 50% por ambas as institucións (586.255,71 euros cada unha)”.

E que “o presente convenio dá continuidade ao protocolo de colaboración asinado entre  Adif e o Concello de Ourense o 22 de xuño de 2016 para o desenvolvemento da permeabilidade na cidade.  Adif conta xa cos proxectos redactados para ambas as actuacións.”

Salientar, por certo que o alcalde de Ourense, daba conta na web do  Concello que o convenio fora asinado na semana do 27 de novembro de 2021.

VII.- No proxecto de lei de PGE para 2023 elaborado polo goberno de Pedro Sánchez, non hai consignación alguna por parte de ADIF para estos pasos.

Por elo con data 28 de outubro de 2022 os deputados ourensáns do PP presentamos unha emenda por importe de 589.000 € para que ADIF financie cunha partida específica as obras dos citados pasos:


Esta é a xustificación da emenda:

“Hay que hacer constar que en la línea ferroviaria Zamora- A Coruña que atraviesa la ciudad de Ourense, hay un paso inferior en la rúa Ramón Puga, pk. 244/881 de gálibo y anchura reducida y que no está dotado de aceras. Y en la línea ferroviaria Monforte-Ourense-Vigo que atraviesa Ourense hay un paso superior a la misma p. k. 48/241 en la Rúa Tarascan, en el que no se pueden cruzar dos vehículos, y que no está dotado de aceras.

Teniendo en cuenta esta problemática, Concello de Ourense e ADIF acordaron que ADIF redactaría los proyectos, lo que quedó cumplimentado en 2018, correspondiendo ahora proceder a la ejecución de las obras, para la que ambas partes firmaron en 2021 un Convenio, causando por ello sorpresa la nula consignación presupuestaria de ADIF.”

En los PGE de 2018 este proyecto (4047) estaba dotado con 589,00 miles de euros, Pero en el actual presupuesto no recibe consignación alguna.”