viernes, 10 de julio de 2015

O alcalde de Ourense reunese coa ministra Ana Pastor

Acompaño hoxe en Madrid ao alcalde de Ourense Jesús Vázquez a unha reunión coa ministra de Fomento Ana Pastor, na que participou tamén  o secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo.

Acordouse que no presente mes de xullo constituirase a comisión que se encargará de planificar a integración ferroviaria da cidade de Ourense, que terá lugar en Madrid na última semana deste mes. 
Esta comisión, na que xunto a Concello e Ministerio de Fomento participarán tamén a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, será a encargada de planificar e definir a integración do tren de alta velocidade en Ourense e o proxecto da futura estación intermodal.
O tren de alta velocidade foi dun dos eixos da xuntanza mantida esta mañá, que o alcalde calificou de "moi fructífera" sobre temas vitais para a cidade. 
O alcalde destacou tamén que a ministra confirmou que os Orzamentos Xerais do Estado para 2016 incluirán unha importante partida para iniciar a execución da primeira fase da Circunvalación Norte, obra de suma importancia para desconxestionar de tráfico a zona norte da cidade e paso previo necesario para poder acometer a construción do bulevar termal.
O alcalde tamén trasladou á ministra a importancia do proxecto de rehabilitación da Praza de Abastos número 1 de Ourense, sita no contorno das Burgas, ante o que a ministra expresou unha boa receptividade, ao igual que ante outros proxectos a desenvolver na cidade, como a ampliación do acceso ao barrio de Barrocás desde a rúa Ramón Puga (por debaixo da vía do ferrocarril), calificado como moi prioritario durante a xuntanza; a realización de melloras na ponte de Tarascón ou a mellora de accesos ao camping de Untes desde a Nacional 120, entre outras actuacións.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta