jueves, 7 de julio de 2022

Constituida a Comisión de Infraestruturas do PPdeG


Onte na localidade lucense de As Nogais foi constituida a Comisión de Infraestruturas do PPdeG, baixo a presidencia do coordinador da materia na formación, Antonio Ameijide, e entre cuxos membros estamos en mesmo, Celso Delgado, portavoz adxunto da Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no Congreso, e Pilar Rojo, vogal da Comisión deste eido no Senado. Asistíu a esta primera reunión a secretaria  xeral, Paula Prado e a presidenta do PP de Lugo Elena Candia.

A Comisión é un órgano de deliberación e asesoramento en materia de infraestruturas e transportes do Partido Popular de Galicia que preside Alfonso Rueda.


Nesta primeira reunión falamos dabondo dos enormes problemas causados polo derrube do viaduto do Castro na autovía A-6 , que xa non estaba en funcionamento, senón que se estaba a realizar por la empresa adxudicataria do MITMA unha obra de emerxencia, cun investimento de 26 millóns de euros.


Analizamos ta mén as medidas provisionais propostas polo Ministerio de Transportes,que xulgamos “insuficientes” para resolver os problemas máis urxentes a día de hoxe: o tráfico concentrado na travesía de Pedrafita, que causa inseguridade viaria; e o tránsito de vehículos especiais.


Tamén nesta reunión falamos doutros temas:


. Transporte de viaxeiros por estrada: en concreto dos problemas que plantexa o anteproxecto de lei de mobilidade sostible do goberno central que contempla medidas que atentan contra o rural  e inclúe un mapa concesional que suprime paradas en Galicia.


. Transporte de mercadorias por estrada: dos problemas que padece o sector pola desmedida alza dos  prezos dos carburantes, que lastran a competitividade das empresas.


.Transporte ferroviario de viaxeiros. Falamos das carencias de frecuencias e horarios en media distancia adaptados ás persoas que traballan ou estudan en diferentes cidades, así como do abandono de servizos rexionais nas liñas convencionais.


. Servizos de alta Velocidade. Salientamos que aínda que a inauguración da LAV supuso unha sustancial mellora dos tempos de viaxe, resulta urxente que Renfe incorpore ao servizo desta liña os trenes Talgo Avril, que ademáis de reducir os tempos coas cidades galegas suporía un notable incremento de prazas, algo que xa está  sendo necesario.


. Infraestruturas ferroviarias. Abordamos especialmente as carencias da provincia de Lugo, valorando positivamente as obras de modernización da liña Ourense-Monforte-Lugo pero lamentando que o MITMA e ADIF teñan adiado o proyecto de construir as variantes de Peares-Canabal e de Rubián, que reducirían en case vintecinco minutos o traxexcto, de modo que posibilitarían tempos de viaxe entre Lugo e Madrid , na banda das tres horas e media.


Tamén falamos da necesidade da saída sur de Vigo para conectarnos con Portugal, da variante exterior de Ourense, do proxecto de conexión directa entre Vigo e Ourense, das actuación pendentes de ADIF nas estacións intermodais, etc.


. Transporte de mercadorias por ferrocarril. Constatamos a lentitude das obras do Corredor Atlántico, incumprindo os cronogramas previstos, especialmente na liña do Miño e no tramo Monforte-Covas.


.Autoestradas: falamos da transferencia a Galicia da titularidade e da xestión da AP-9, que o goberno socialista quere agora boicotear. Tamén da necesidade de bonificar as moi caras peaxes da AP-53 do mesmo xeito que na autoestrada do Atlántico.


. Autovías: Abordamos o deliberado abandono do MITMA das autovias Ourense-Lugo, Ourense-Ponferrada, da Mariña e da Vigo-Porriño. E do retraso da autovía Santiago-Lugo.


. Estradas: Falamos da necesidade de mellorar a conservación e mantemento nas estradas nacionais, algunhas como a N.540 o en N.120 en mal estado. E de executar as circunvalacións comprometidas nas cidades e vilas.


. Aeroportos: Constatamos a preocupación pola falta de coordinación de servizos entre as tres terminais, o elevado prezo dos billetes e da non reposición de voos que existían antes da pandemia.