sábado, 21 de mayo de 2022

No dezaoito Congreso do Partido Popular de Galicia

Asisto esta tarde en Pontevedra á primeira sesión do dezaoito Congreso do PP de Galicia.

Nel o candidato á Presidencia do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda asegurou, no acto de presentación da súa candidatura, que o PPdeG seguirá sendo un partido ganador e incidiu que “unidos lograremos todo o que nos propoñamos”. “Fixémonos grandes porque nunca nos consideramos máis que ninguén, e eses son os valores que debemos conservar nesta nova etapa: a unidade e a humildade”. 

Alfonso Rueda comezou a súa intervención agradecendo o apoio que recibiu durante os últimos anos, primeiro como secretario xeral do PPdeG, despois como presidente provincial do PP en Pontevedra e, nestas últimas semanas, como candidato á Presidencia do PP de Galicia. Neste sentido, afirmou que seguirá precisando de todos e cada un dos afiliados deste partido, porque dixo que “somos un equipo.

 

PERSOA DE EQUIPOS


Deste xeito, Rueda manifestou que “son persoa de equipos” e avanzou que, se mañá sae elixido Presidente do PPdeG, “darei sempre a cara por este partido, por Galicia e por todos e cada un de vós, porque cada día me demostrades que paga a pena crer nesta formación”. “Un partido unido, un partido de Goberno, no que poñemos os intereses xerais de Galicia por riba de calquera ideoloxía e onde asumimos como prioridades todo o que é prioritario para os galegos e as familias”, apuntou.

 

Rueda asegurou asume o reto de presidir o PPdeG “con toda a ilusión e coa seguridade que da tervos ao meu carón”. Ademais, lembrou a súa orixe en Pontevedra, pero anotou que “desde agora, e xa para sempre, débome e debereime a toda Galicia e a todos os galegos, sen excepción”. 


Durante a intervención presentou a súa candidatura, na que propuxo a Paula Prado como secretaria xeral e como vicesecretarios a Pedro RojoJosé Manuel Rey, Raquel Touriño, José Ángel Santos, Marta Fernández-Tapias, Alberto Pazos, Olga Iglesias e Gabriel Alén. 

 

PROGRESO DE GALICIA



O candidato á Presidencia do 
PPdeG puxo como único obxectivo final o progreso de Galicia e o benestar dos seus veciños e asegurou que “nos presentamos para gañar cunha maioría sólida que nos permita gobernar”.

 

Na súa intervención, fixo unha mención especial aos afiliados e militantes de base, o que se emprega a fondo cada día para convencer aos demais de que o PP é a mellor opción de futuro de Galicia; o que non falta a unha soa xunta local; e o que sinte como propios todos e cada un dos logros dos alcaldes populares e da Xunta de Galicia.

 

Así mesmo, agradeceu a xenerosidade dos tres presidentes provinciais do PPdeG, Diego Calvo, Elena Candia e Manuel Baltar; e aos compañeiros do Goberno galego “por confiar en min”. Tamén se referiu especialmente a Alberto Núñez Feijóo, animando ao partido a traballar intensamente para conseguir que sexa canto antes o Presidente do Goberno de España.