“A historia do PPdeG é a historia de Albor, de Fraga, de Feijóo, de Rueda, do partido que máis se parece a Galicia, dun partido unido, non de catro partidos provincias, de alcaldes comprometidos coa súa terra, de compañeiros” indicouna súa intervención, na que fixo un recorrido histórico dos últimos 16 anos da presidencia de Alberto Núñez Feijóo na Xunta tralo o apoio maioritario nas últimas catro eleccións autonómicas.
No seu balance fixo referencia á “amarga vitoria” do PPdeG nos comicios de2006 e o comezo da Presidencia de Feijóo “cun partido renovado, máis forte e máis unido” ou á chegada á Presidencia da Xunta no 2009 “cuns primeiros momentos complexos marcados por unha gravísima crise económica que o Goberno anterior negara”.
Así mesmo, recordou que nas eleccións do 2019 “Feijóo mantivo a unidade do centro dereita e o Goberno galego bateu récords en gasto social e baixada de impostos”, así como a segunda gran crise que tivo que afrontar, a sanitaria, que amosou “do que están feitos os grandes líderes e, grazas ao seu traballo,logramos ser a Comunidade coa menor taxa de contaxios e menor mortalidade de toda a Península”.
Nese senso, rematou o balance cos comicios do 2020 nas que “por cuarta vez, Galicia respondeu ao presidente Feijóo e ao PP de Galicia co mellor resultado da década”.
O MODELO DO PPdeG
“Ese é o novo modelo, é o modelo de éxito que Alberto Núñez Feijóo quere trasladar á política española, porque a historia do PP é a historia de España, de moitos homes e mulleres que dedicaron a súa vida a traballar para o noso país, a construír este gran proxecto político e aínda queda moito camiño por percorrer”
AGRADECEMENTO AO PRESIDENTE FEIJÓO
Tellado acabou cun emotivo agradecemento a todos os compañeiros e persoal que traballou ao seu lado durante estes seis anos como secretario xeral do PPdeG.
Ademais, reservou as súas últimas palabras para agradecer ao presidente Feijóo a súa confianza: “É un orgullo servir a quen serve e será un orgullo seguir traballando para o primeiro servidor de España.”
Parabéns a Miguel Tellado polo traballo realizado nestes anos.