sábado, 5 de marzo de 2022

Vendo a posta en valor da Ponte Romana e da contorna da Capela dos Remedios.



Esta mañá estiven vendo o resultado das obras de conexión entre a Ponte Romana e a Capela dos Remedios, abrindo o espazo para poñer en valor a súa relación histórica. 

Tamén puiden pasar polo  novo acceso ao Paseo das Ninfas, que gaña en accesibilidade a través dun espazo aberto con ramplas, escaleiras, mobiliario urbano e mesmo unha fonte de auga potable. Un itinerario ven preparado para que os paseantes e os deportistas den continuidade aos sendeiros fluviais  do río Miño.


Tamén mellorouse a conexión entre a Ponte Romana e a Ponte do Milenio, dando continuidade á beirarrúa a través do arco esquerdo da Ponte Romana, acondicionando o camiño entre as dúas.


Parabéns á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, da Xunta por esta mellora da calidade de vida e reforzo do atractivo de Ourense cun investimento total de máis de 1,6 millóns de euros nesta recuperación e posta en valor da Ponte Romana e da contorna da Capela dos Remedios.