Esta mañá o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou como “unha oportunidade única para Galicia e para España” a chegada de fondos europeos pola pandemia da Covid-19, polo que considerou necesario facer “un bo uso deste esforzo da Unión Europea” e reclamou ao Goberno de España “unha xestión transparente sen ningún tipo de cuestionamento”.
Salientou que “é a primeira vez que a Unión Europea fai un esforzo deste xeito e un paso adiante esencial na construción da unión europea”. Por este motivo, considerou unha “obriga das autoridades encargadas de xestionar estes fondos de facelo de xeito transparente e sen ningún tipo de cuestionamento”.
Neste sentido,
considerou “unha obriga do Goberno de España facer unha boa distribución”, polo
que demandou que unha “comisión de expertos estableza criterios de reparto que
permitan que, de verdade, se faga unha cogobernanza na distribución dos
fondos”.
Puy
explicou que o sistema de adxudicación de fondos do Goberno central “exclúe
unha avaliación obxectiva externa que evitaría moitos problemas” e lamentou que
“para unha vez que Europa da un paso tan importante non sexamos capaces de
xestionar un bo reparto destes fondos para transformar a economía produtiva
española e galega”.
Estou absolutamente de acordo co expresado por Puy, xa
que os fondos europeos son unha gran oportunidade para crear emprego e
xerar crecemento estrutural e están a ser desaproveitados polo Goberno; o que
debería xerar ilusión está a xerar frustración e enfrontamento porque se están
adxudicando de forma dixital.
Xa o noso presidente nacional Pablo Casado reiterou
ata a saciedade a necesidade de crear unha axencia independente que avalíe os
proxectos e afaste as posibilidades de arbitrariedade. Aínda estamos a tempo
para xestionalos con transparencia, honestidade e eficacia.
O Goberno ten que
acordar con CCAA e entes locais o destino dos fondos, deixar o rodete e facer
as reformas estruturais.