Esta mañá de domingo saín a correr polo barrio das Lagoas e da Universidade, nos que hai amplos e agradables espazos para facer exercicio físico.
Unha ocasión tamén para ver de cerca os edificios docentes,de investigación, culturais, deportivos e de servizos do Campus da Auga de Ourense da Universidade de Vigo no que se imparten actualmente 14 títulos de grao, 14 másteres universitarios e 7 programas de doutoramento nun total de oito centros, que abarcan todos os ámbitos de coñecemento.
Por certo, mañá volve a actividade docente de xeito totalmente presencial para todas as titulacións dos tres campus da UVigo, entre eles o de Ourense. Agardemos que poida desenvolverse con certa normalidade tendo en contra a incidencia da covid-19 na sua nova variante.