Diego Calvo, reelixido como presidente provincial do PP da Coruña

 

Asisto hoxe como invitado ao Congreso provincial do PP da Coruña no que Diego Calvo foi elixido presidente Diego Calvo, con un 96% dos votos, obtendo 780 dos 814 votos emitidos, en branco 31 e nulos, 3.

No seu discurso o reelecto presidente provincial, destacou que se abría unha nova etapa con ganas e ilusión, apelou á renovación integradora, e pediu aos afiliados fortaleza para recuperar para o PP a alcaldía nos concellos da provincia.

Na calusura, Alberto Núñez Feijóo, chamou a abrir as portas do PP aos que cren nunha política mellor e ao servizo dos cidadáns, sinalando que todos eles teñen que poder ver no seu partido unha referencia sólida de Goberno, unha alternativa atractiva e o proxecto que mellor defende os seus.

Na súa intervención, incidiu na necesidade de dar motivos á cidadanía para que confíen nos populares xa que “con eles seremos máis fortes”.

Feijóo fixo fincapé en que a súa é unha formación coa man tendida e cos brazos abertos, que entende que é máis útil canto máis ampla sexa a base social á que se dirixe: “Neste partido non sobra ninguén que queira traballar”, e apostou por incorporar a esa mocidade que cre que na política son todos igual. “Aparentemente iguais pero realmente distintos”, diferenciou.

Sobre isto, engadiu que aínda falta moita xente que pode unirse á organización, referíndose a todas as persoas de votaron a outros partidos pensando que esa era unha forma de apostar polo PP, e que erraron. Neste xeito, apostou por manter en municipais e xerais o apoio acadado nas autonómicas. E iso pasa por sumar a aqueles votantes do PSOE que non están de acordo coa deriva dun partido que foi de Estado e que agora só é o Partido Sanchista.

E tamén por convencer aos que algunha vez optaron polo BNG porque pensaron que tiñan a patente de corso para defender Galicia e que agora son conscientes de que a nosa Autonomía non se protexe copiando ao independentismo vasco e catalán, nin sendo cómplices necesarios do desprezo de Pedro Sánchez á nosa Comunidade.

O PARTIDO QUE LIDEROU AS LOITAS DA NOSA INDUSTRIA

Durante o seu discurso, o presidente lamentou a forma en que os partidos da esquerda abandonaron nos últimos anos aos traballadores. Segundo recordou, o Administración de Pedro Sánchez provocou unha crise industrial absolutamente evitable por unha política enerxética inxusta e errática, poñendo 16.500 postos de traballo en perigo.

Como insistiu, a súa formación estivo e está coa xente, co emprego, coa actividade económica e cos sectores produtivos, defendendo sempre os intereses de Galicia. Nese senso, subliñou que, malia que a súa organización non provocou esta crise da industria, si buscou solucións das mans dos afectados polos erros que está a cometer o Goberno en materia industrial.

Por iso, o PP está enfronte deste Goberno tan insensible con Galicia. Ademais lembrou que, en 2016, o Pedro Sánchez do “non é non” tiña paralizada a gobernabilidade do país. Foron as eleccións autonómicas galegas as que provocaron que o seu partido lle dixera ao seu secretario xeral que con esas políticas e con esas decisións tiña que marcharse da dirección do PSOE. “Que importante é axudar ao teu país e ao teu partido” facendo política nacional dende a política autonómica, apuntou.

 

Con la tecnología de Blogger.