Adxudicado un novo contrato do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

 

Esta semana apareceu publicado no BOE o anuncio de formalización dun contrato da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura que ten por obxecto a redacción dos proxectos básico e de execución e traballos complementarios da exposición permanente do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O adxudicatario foi CCJVV OFFICE ARCHITECTS, SLP e o valor da oferta seleccionada: 92.443,64 euros.

Lembro que o BOE do 6 de agosto de 2019 publicou o anuncio de formalización dun contrato da Presidencia da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura O.A. relativo a estas  obras de rehabilitación arquitectónica.

A data de adxudicación fora o 6 de xuño de 2019 e a adxudicataria resultou ser S.A. de Obras e Servicios, COPASA. O valor da oferta seleccionada foi de 7.611.000,00 euros. Co IVE a cifra do orzamento chega aos 9.209.310 €.

Agardamos que as obras sigan avanzando.

Con la tecnología de Blogger.