lunes, 23 de agosto de 2021

Na nova estación de alta velocidade "Porta de Galicia" en A Gudiña

En varias ocasións teño escrito neste blog sobre a nova estación  de alta Velocidade de A Gudiña e que leva o nome de “Porta de Galicia”.

Onte tanto a ida como á volta da miña viaxe a Vilariño de Conso, detívenme para vela, e certamente todo indica que está para estrear pois parece equipada interiormente, está preparado o aparcamento e os accesos. Descoñezo se a obra foi xa recepcionada.

A impresión que me causou é moi boa e xa estou a desexar que poida pronto entrar en funcionamento e así dar servizo aos usuarios do ferrocarril desta comarca, dade Valdeorras e tamén aos nosos veciños portugueses.

Lembro que foi un 27 de setembro de 2018, cando ADIF-AV aprobou licitar o contrato de construcción da nova estación de alta Velocidade de A Gudiña, dentro da nosa liña de alta velocidade Madrid-Galicia.

O presuposto de licitación foi de 4.093.314 euros (IVA engadido), e o prazo inicial era de oito meses.

A formalización da adxudicación á "UTE ESTACIÓN PUERTA DE GALICIA "tivo lugar o 2 de abril de 2019. O importe contratado foi de 3.227.987,45 euros (IVA engadido).

Con data 5 de abril de 2021 a Plataforma de Contratación do Estado publicou un anuncio de modificación do citado contrato por importe de 642.334,59 € (IVA engadido), e unha modificación do prazo de 4 meses, o que implica finalmente terá unha duración de 27 meses.

Rematada a estación con demora, pero con tempo sobrado para entrar en servizo, na que xa parece inminente chegada da alta velocidade a Galicia.

Estas son as fotos que fixen: