Debo recoñecer que xamais visitara este impoñente xacemento, que me causou unha excelente impresión, lembrándome, en menor tamaño, á explotación leonesa das Medulas.
Afortunadamente había bos miradoiros, estaba moi ben sinalizada e con paneis moi ilustrativos, así que puiden documentarme e coñecer como os romanos utilizaron nesta explotación o sistema extractivo coñecido coma Ruína Montium no que se empregaba a forza da auga para desprazar cantidades de material que logo era cribado en busca do prezado ouro.
A todos recomendo visitalas; esta é a web do Concello:
https://www.vianadobolo.gal/turismo/medulas/es