Vendo a situación de baleirado dos encoros das Portas e Cenza en Vilariño de Conso

Dando continuidade á entrada publicada onte neste blog, desprázome este domingo ata o Concello de Vilariño de Conso para ver in situ o estado dos encoros de As Portas e de Cenza.

O das Portas chama extraordinariamente a atención polo seu enorme baleirado e iso explica que causase unha enorme preocupación e alarma.

A presa de Cenza, de moito menor tamaño, tamén presenta uns niveis baixísimos de auga.

Estas fotografías que saquei falan por se soas. 

Proceden moitas explicacións por parte da concesionaria e das Administracións ás que compete o seu control: o MITECO e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

ENCORO DE AS PORTAS








PRESA DO CENZA








Con la tecnología de Blogger.