domingo, 29 de agosto de 2021

Feijóo sinala que o PP será garantía de crecemento, de unidade e de certezas na Galicia de despois da pandemia

Asisto hoxe  na Carballeira de San Xusto de Cerdedo-Cotobade ao acto do inicio do curso político do PPdeG no que o presidente dos populares galegosAlberto Núñez Feijóo,sinalou durante  non ten máis obxectivo que acertar para ser garantía de crecemento, de unidade e de certezas na Galicia de despois da pandemia. 

Segundo expresou, estamos ante uns meses clave que definirán a evolución desta lexislatura, polo que a súa formación deberá poñer todo o seu esforzocapacidade e traballo en conseguir que este sexa tempo de recuperación económica, reactivación social e de renovación orgánica do partido.

UNHA RECUPERACIÓN SÓLIDA

O líder do PPdeG recordou que a nosa Comunidade resistiu mellor o impacto da Covid na economía que o conxunto de España -o noso PIB e as nosas exportacións caeron menos en 2020 que a media nacional e destruímos menos emprego- grazas á adaptación das medidas á situación de cada momento, ao apoio brindado aos sectores afectados, a unha política económica ben orientada e responsable e a unhas contas públicas saneadas.

Sen embargo, aclarou que os populares non se conforman con estar entre os que menos caeron, senón que teñen como obxectivo que Galicia volva ao camiño do crecemento que levaba percorrendo durante seis anos ininterrompidosa crear máis e mellores oportunidades e a captar investimentos e acometer proxectos, incidindo no compromiso do PP cunha economía verde

Neste sentido, insistiu en que a Comunidade quere ser líder dunha recuperación sólida, protagonista da transformación da economía e unha terra cada vez máis atractiva para emprender e investir. Para logralo, contará cunsOrzamentos autonómicos nos que se volverán baixar os impostos, nos quecontinuará medrando o investimento e a innovación, e nos que se seguirán reforzando os servizos públicosprecisamente o que Galicia necesita para aproveitar e consolidar este crecemento.

REFORZO DOS SERVIZOS PÚBLICOS


Feijóo asegurou que os servizos públicos mellóranse cunha xestión responsable, escoitando aos galegos e aceptando ideas para solucionar os problemasAsí, fixo fincapé en que a Comunidade seguirá traballando na Sanidade da pos-pandemia e no reforzo do Servizo Galego de SaúdeAdemais, apuntou en que se continuará pedindo ao Goberno central convocatorias de MIR extraordinarias e eliminación da taxa de reposición, dúas medidas ás que se nega e que axudarían a resolver o problema xa a curto e medio prazo.

Doutra banda, precisou que, logo de xestionar o curso escolar máis difícil da historia, volvemos afrontar o inicio deste cos deberes feitos. De feito, aínda que o Ministerinon aporte os fondos necesarios, o ensino galego vai dispoñer de todo o profesorado que faga falta en todas as etapas para que as aulas volvan ser lugares seguros. 

Igualmentee despois de que levar máis dunha década despregando un sistema de atención social con medidas innovadoras e adaptadas á realidade da nosa terra, Feijóo precisou que a nosa Autonomía que continuaráapostando polos servizos sociais no contexto da recuperación -mencionando medidas como a Tarxeta Básica ou a Tarxeta Benvida-.

 

REALMENTE POPULARES


O presidente tamén se referiu á renovación orgánica que ten a formación por diante e que, logo do Conclave autonómico, continuará nas catro provincias e nas sete cidades, sen esquecer a convención nacional do PP en outubro. Sobre isto, manifestou que deben fuxir do exemplo dos socialistas galegos, que xa están en plena campaña sucia entre eles antes de convocar o seu Congreso, demostrando que a ese partido só lle importan as súas disputas e que hai moito que esqueceu Galicia para ser unha sucursal que só defende a Sánchez. 

 

Pola contra, indicou que os populares viven dos desafíos futuros e queren ser útiles á xente e os primeiros en escoitar, reflexionar e traballar por Galicia epor España; moi lonxe das liortas internado Goberno central e dos socialistas nas Autonomías e da radicalizade do BNG, que se alía co independentismo.

 

“O apelido do noso Partido, Popular, non é nin unha palabra calquera escollida ao azar senón a nosa identidade”, dixo explicando que son populares porque comparten as preocupacións e propósitos do pobo, aman a nosa terra tal e como é, traballan polo que nos une e buscan servir a todos os españois. Como resaltou, ese é o ADN da súa organizaciónunha forza non sectaria que dá cabida á inmensa maioría ideolóxica que inspira ao pobo de España.

UN GOBERNO MELLOR 


Durante a súa intervención, Feijóo recalcou que a súa formación debe aspirar a que todo o mundo saiba que son a mellor opción en cada lugar. De igual modo, deben lograr que todos os que non tiveron ao PP como referencia política nalgún momento confíen nel para volver ter o Goberno que o país merece.


Nese senso, subliñou que os populares teñen a obriga de mandar a Pedro Sánchez ao mesmo sitio ao que xa se foi Pablo Iglesias para conseguir ter un Executivo central mellor e moi diferente ao actual, cuxas prioridades sexan as da xente, que asegure a seguridade xurídica para a xestión da pandemia,capaz de garantir que a luz teña un prezo razoable, que faga respectar a España no panorama internacional, que poña os fondos europeos ao servizo dos españois e non dos partidos políticos e que defenda o tecido produtivo e os postos de traballo.