viernes, 2 de julio de 2021

En Galicia a redución do paro en xuño foi do -4,59% (-7.588 persoas) unha cifra superior á reflectida nos tres últimos anos



O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os 
datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2021.

Son os seguintes:

Galicia:


O paro rexistrado de Galicia baixou en xuño en 7.588 persoas con respecto a maio , un -4,59 %.

O número de parados queda en 157.718.  Por sectores, 5.591 son da agricultura, 18.276 da industria, 11.547 da construción, 110.251 dos servizos e 12.053 do colectivo sen emprego anterior.  

A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 26.936 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do 14,59 %.

 Ourense:

Baixa  o paro rexistrado en xuño en relación co mes anterior en 490 persoas, un – 2,62 %.

O número de parados queda en 18.200 deles 7.657 son homes e 10.543 mulleres, 17.417 son maiores de 25 anos e 783 menores.

Por sectores, 936 son da agricultura, 2.098 da industria, 1.346 da construción, 12.264 dos servizos e 1.556 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 1.962 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do 9,73 %