sábado, 3 de julio de 2021

En Arnoia cos Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións

Asisto hoxe no Balneario Arnoia Caldaria ao II Forotelecos Galicia organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia.

Trátase do primeiro evento formativo presencial dos técnicos de telecomunicacións a nivel nacional, por tanto, será un bo termómetro para medir os avances, proxectos e expectativas do sector para os próximos meses e facer un breve balance do período pandémico e as súas consecuencias.

Durante esa fin de semana tivo lugar a Xunta do Consello de Decanos do COITT (a nivel estatal) que se celebra por primeira vez en Galicia.

Foi presidida por Mario Cortes, decano nacional e deputado ao Congreso por Málaga.

No xantar de confraternización do II
Forotelecos foron entregados os Premios Enxeño 2020. Salientaron que foi un ano especialmente complicado para todos os sectores pero que principalmente puxo a proba a capacidade do ámbito das telecomunicacións como parte imprescindible das rutinas dos cidadáns.

Desde os heroes invisibles da pandemia ata a cantidade de novos proxectos nados da necesidade de comunicarnos. Os Premios Enxeño destacaron o gran labor das Telecomunicacións e dos enxeñeiros técnicos durante este pasado ano. Parabéns aos premiados

As miñas felicitacións a José Manuel Martínez, Presidente da AGGETT e Delegado do COITT en Galicia pola perfecta organización.