viernes, 2 de julio de 2021

Os parlamentarios ourensáns do PP afirman que sobran os motivos para pedir a dimisión de Sánchez, a disolución do Parlamento e a convocatoria de eleccións

Difundimos hoxe esta nota de prensa: “Os deputados e senadores do Partido Popular pola provincia de Ourense afirmaron hoxe que sobran os motivos que xustifican a dimisión inmediata de Pedro Sánchez, a disolución do Parlamento e a convocatoria de eleccións xerais. 

No balance do primeiro período de sesións deste ano no Congreso e no Senado, Ana Vázquez, Celso Delgado, Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Jesús Vázquez, denunciaron “as incontables mentiras de Sánchez aos españois, os seus atropelos democráticos á dignidade do noso Estado de dereito e ás ignominiosas cesións aos seus socios separatistas e batasunos, a quen rende diariamente pleitesía para manterse atrincheirado na Moncloa, sumado a unha neglixencia fatídica na xestión sanitaria, económica e social da pandemia”.

A consecuencia, subliñaron, “é unha crise multiorgánica en todas as ordes da nosa convivencia e a consecuente necesidade de deixar atrás a un Goberno disposto a negociar a unidade de España e a soberanía nacional cos inimigos declarados da nosa orde constitucional”.

Abondaron no seu balance sinalando dez razóns “inapelables” para pedir a dimisión de Pedro Sánchez:

1.- Polos indultos aos autores da intentona golpista en Cataluña.

• A concesión dos indultos do “procés” cos informes desfavorables do Tribunal Supremo e do Ministerio Fiscal supoñen a  deslegitimación da Xustiza e a “desautorización” da sentenza. Non se daban razóns de equidade ou xustiza, e tampouco de utilidade pública salvo que se confunda esta con utilidade para o Goberno. A absoluta falta de arrepentimento demostra que non se cumpriu a prevención especial, e fai imposible o cumprimento da prevención xeral.

•  O Tribunal de Contas trata de depurar a responsabilidade contable de políticos e funcionarios polos fondos ilegalmente utilizados na rede exterior da Generalitat durante o período 2011-2017, que ascenden a máis de 5 millóns de euros. Por esa razón, e buscando eludir esa responsabilidade, os independentistas e os seus aliados están a presionar ao Tribunal de Contas para evitar que cumpra coa súa obrigación, presións ás que se suma o propio Goberno.

2.- Polos ataques contra o Estado de dereito.

•  Cos excesos constitucionais de Pedro Sánchez durante o estado de alarma, gobernando con manifesto abuso dos decretos-leis, eludindo desta forma os informes preceptivos de órganos constitucionais.

• Aprobación de leis puramente ideolóxicas e abertamente inconstitucionais como a Lei da Eutanasia ou a Lei de Educación,  ninguneando ao Parlamento ao impedir que puidesen dar a súa opinión expertos ou representantes de afectados directamente.

3.- Por ser o peor goberno para afrontar a peor crise sanitariae en 100 anos.

•  Reacción tardía ante a pandemia. Sánchez dixo o 5 de xullo de 2020 que “derrotamos ao virus, controlado a pandemia e dobregado a curva”. Desde entón: 3.551.664  contagios detectados e 53.655 falecidos rexistrados (cifras do Ministerio de Sanidade a 28-VI-2021).

•     Comité de expertos inexistente na desescalada da primeira onda.

•  Abandono de funcións en residencias de maiores, competencia do Ministerio de Dereitos Sociais con estado de alarma, pero culpando ás comunidades autónomas do acontecido.

4.- Pola súa nefasta xestión económica da crise.

•    Somos o país europeo que sufriu a maior caída económica e a maior destrución de emprego.

•   O país con maior taxa de paro xuvenil de Europa (38 % fronte ao 17,1 % de media europea) e segundo con maior taxa de paro feminino (19,7 %) só superado por Grecia.

•   Fronte ao “saímos máis fortes” a realidade é que saímos con menos renda  per  cápita, con máis paro, con máis desigualdade e con máis pobreza.

5.- Por cargar o custo da crise nas familias, nos autónomos e nas clases medias cunha subida de impostos sen precedentes.

•   O Goberno de España é o único de Europa que, no canto de baixar impostos, subiunos por un importe de 8.000 millóns de euros de forma indiscriminada ás familias e clases medias en plena pandemia.

• Na letra pequena do Plan de Recuperación hai comprometida unha subida de impostos sen precedentes, que se ceba especialmente coas familias e clases medias: suba da fiscalidade ao diésel; das cotizacións máximas á Seguridade Social, que non deixa de ser un imposto ao traballo que pagan tanto empresas como traballadores; das cotizacións sociais dos autónomos; a supresión da dedución por tributación conxunta da que se benefician 3,6 millóns de familias, a metade delas integradas por xubilados e familias monoparentais con fillos; e o pago polo uso das estradas do Estado.

•  En definitiva, o Goberno pretende incrementar a tributación media en España por un importe de 80.000 millóns de euros, o que non deixa de ser sorprendente se temos en conta que a recadación tributaria en 2020 foi de 195.000  millóns de euros.

6.- Por utilizar os fondos europeos no seu propio interese e non no interese xeral de todos os españois.

• A Unión Europea, co Partido Popular Europeo á cabeza, estivo á altura do desafío histórico que tiñamos, aprobando a maior dotación de recursos públicos da súa historia, cun criterio de repartición obxectiva, pactado entre todos os países, e priorizando o principio de solidariedade para garantir que Europa salga desta crise sanitaria, económica e social máis cohesionada.

•  O Goberno de España utiliza eses recursos de forma opaca e caciquil, cando non directamente sospeitosa -como ocorreu coas axudas a Plus ultra-, de forma subxectiva e sen control, comprando vontades, acalando a oposición interna dos seus propios baróns e castigando aos cidadáns das autonomías que son gobernadas polo PP, que representan case á metade da poboación española, o 46% dos españois.

•  Sánchez pensa que o diñeiro de Europa é seu e pódeo utilizar ao seu antollo, cando a realidade é que os fondos europeos son unha oportunidade que:

o   Conleva á súa vez unha obrigación, hai que devolvelos no futuro, e unha responsabilidade para investilos correctamente en proxectos que xeren riqueza e emprego e eviten unha carga ás xeracións futuras.

o   Esixiría coordinación (por non dicir consenso) tanto coas comunidades autónomas como coas entidades locais, a sociedade civil e todas as forzas políticas.

o   Unha xestión profesionalizada e un control áxil pero estrito para evitar que se convertan nun novo Plan E ou nun buraco como o dos ERE en Andalucía.

o   E unha capacidade de capilaridade para chegar á totalidade do noso tecido produtivo, e ata o último recuncho do noso país.

7.- Por humillar a memoria das vítimas do terrorismo.

•    A política de pactos de Sánchez para alcanzar e manter a súa maioría parlamentaria cos seus socios radicais é a clave do cambio de rumbo infame en materia de política antiterrorista.

8.- Por socavar as liberdades dos españois

•  A actuación de Grande-Marlaska no Ministerio do Interior está rodeada de  gravísimas irregularidades, particularmente no que afecta as liberdades dos españois. Estas actuacións, dobremente graves ao tratarse dun ministro do Interior, súmanse á incompetencia en materia de inmigración, seguridade ou control de fronteiras. Estes son algúns exemplos:

o   Dar instrucións ás Forzas de Seguridade do Estado para facilitar a súa entrada no domicilio dos cidadáns, sen a preceptiva orde xudicial; a chamada patada na porta.

o   A sentenza da Audiencia Nacional que anula o proceso arbitrario de cesamento do coronel Pérez dos  Cobos e obriga á súa restitución.

o   A quebra da relación cos sindicatos e asociacións da Policía Nacional, Funcionarios de Prisións ou da Garda Civil.

o   O fracaso da política migratoria e os cambios continuos de criterio que aumentaron o efecto chamada de irregulares. As gravísimas crises provocadas en Canarias e en Ceuta.

9.- Pola ruptura do pacto constitucional en materia educativa.

•  O Goberno mediante esta Lei impón un modelo único e público de educación, vulnerando as liberdades educativas, e o dereito que asiste aos pais como primeiros responsables da educación dos seus fillos para elixir o centro da súa preferencia.

•    Ataca frontalmente a educación especial, asegurando mediante a disposición adicional cuarta os peches da educación especial ou especializada, que tan bos resultados está a dar naqueles alumnos con necesidades educativas especiais.

10.- Pola nosa irrelevancia e descrédito internacional.

•   As ocorrencias do Goberno poñen en perigo a relación cos nosos socios estratéxicos e a seguridade das nosas fronteiras. A crise diplomática con Marrocos non foi un evento sobrevindo. Foi previsible e evitable.

•    O Goberno, herdeiro do socialismo dos desplantes a Estados Unidos, botou por terra décadas de traballo por consolidar o vínculo  transatlántico. O presidente  Biden chamara a medio mundo, pero non a España. Sánchez vendeu unha reunión con  Biden que terminou por converterse en 30 segundos nun corredor. Pasamos a ser irrelevantes para un país no que se xoga o futuro de moitas empresas españolas e para que eramos un socio militar previsible e de confianza.

•      Os ataques ao Poder Xudicial en España, tentando acabar coa súa independencia, valeunos a reprobación de Europa e supoñen un duro golpe á imaxe exterior de España.