Ourense acollerá, de 2021 a 2023, a “Mobile Week”, o evento punteiro sobre debate tecnolóxico


Recibo con satisfacción a nova de que o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinara hoxe en Barcelona, no marco do Mobile World Congress 2021, co CEO de Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau, o convenio de colaboración que permitirá celebrar en Ourense nos anos 2021, 2022 e 2023 o “Mobile Week”.

Nunha nota de prensa a Deputación informa que: “Trátase dun evento de referencia mundial no sector tecnolóxico e que terá a Ourense como protagonista, na liña estratéxica que vimos levando a cabo desde Deputación: potenciando e vencellando ao noso territorio con todos o ámbitos da innovación”, afirmou o presidente Baltar tralo acto de sinatura do convenio. 

O presidente da Deputación tamén se reuniu coa directora de Digital Future Society e responsable de Mobile Week, Cristina Colom, e con representantes de Red Mundo Atlántico, para ultimar a celebración da “Mobile Week Ourense”, un acontecemento histórico para Ourense, xa que por primeira vez –e durante tres anos consecutivos- a provincia ourensá acollerá esta actividade de vangarda internacional no eido da innovación tecnolóxica, ofrecendo un espazo no que participar activamente dos cambios que traen as novidades tecnolóxicas, así como formar nas habilidades profesionais para o futuro. 

Esta alianza de cooperación, segundo Manuel Baltar, segue a senda de desenvolvemento tecnolóxico que impulsamos desde a Deputación de Ourense, “na liña dos premios Digital Mindset que recibimos en Madrid hai unas semanas, e que distinguiron á institución provincial como Mellor aceleradora do sector público en base ao noso proxecto “Provincia Intelixente”, que a día de hoxe permite que o edificio o mesmo nome, da Fundación Abanca, teña a máis alta concentración de autoemprego tecnolóxico do territorio”. 

Neste ámbito, tamén salienta Baltar apostas como “o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional ou a nosa presencia en Tecnópole, todo en coherencia co labor de planificación que vimos desenvolvendo e que hoxe nos achega unha noticia tremendamente positiva para Ourense, que en meses estará a menos de dúas horas e cuarto de Madrid, co que iso significa de maior competitividade”. 

 

Con la tecnología de Blogger.