martes, 29 de junio de 2021

Denunciamos que o Goberno socialista incumpre o mandato do Congreso de crear en Ourense unha unidade de seguridade cidadá da Garda Civil

 

Esta tarde difundimos desde o PP de Ourense esta nota: "Os deputados ourensáns no Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, advertiron hoxe do incumprimento por parte do Goberno socialista dunha iniciativa aprobada o pasado 11 de maio na Comisión de Interior, para crear unha Unidade de Seguridade Cidadá (Usecic) na Comandancia da Garda Civil de Ourense. “Resulta indignante a indiferenza e o abandono do PSOE cara os intereses ourensáns”, declarou Ana Vázquez, “polo que imos seguir insistindo diante do Executivo ata acadar que sexa creada este unidade”.

O pasado 11 de maio a Comisión de Interior do Congreso aprobou unha proposición non de lei presentada polos deputados ourensáns pola que se instaba ao Goberno á creación da Usecic en Ourense. Unha iniciativa secundada pola maioría de partidos pero que foi votada en contra polos 13 deputados do PSOE que forman parte da Comisión de Interior.

No labor de seguimento do aprobado, o 28 de maio preguntaron ao executivo: ¿cando está previsto que o Goberno execute o devandito acordo e con cantos axentes novos contará a provincia de Ourense e a data prevista do cambio de RPT para fixar o persoal desta nova unidade?

O 22 de xuño o Goberno respondeu que: “por parte de la Dirección General de la Guardia Civil, se encuentra en estudio una propuesta de creación de una Unidad de Seguridad Ciudadana en la Comandancia de Ourense, sin que en estos momentos se pueda dar una fecha precisa para fijar la plantilla de la nueva unidad”.

Os deputados ourensáns consideran que esta resposta e unha nova mostra de que o Goberno de Pedro Sánchez no quere cumprir o votado no Congreso, desatendendo a xusta reivindicación para incrementar a prevención da delincuencia e a seguridade nunha provincia rural, cunha gran dispersión da poboación e de idade moi avanzada.

As Usecic teñen como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades dos cidadáns mediante a prevención e primeira investigación de delitos, así como o auxilio e atención aos requirimentos da poboación as 24 horas do día, durante todos os días do ano. Tamén exercen tarefas de apoio ao Servizo de Protección da Natureza (Seprona) na prevención de incendios forestais, traballo de especial relevancia na provincia de Ourense que, con esta nova unidade, vería reforzada a vixilancia dos montes ourensáns.

Outro dos aspectos que apoian a importancia destes equipos refírese ao carácter transfronteirizo da provincia, ao ser o territorio que ten máis quilómetros de fronteira con Portugal, máis de 200, reforzando así aquelas zonas limítrofes co país veciño nas que hai cuarteis, pero cun número escaso de axentes da Garda Civil.

As únicas dúas provincias de España que carecen de unidades de seguridade cidadá son Ourense e Lugo, destacou Vázquez, que puxo en valor o traballo das Usecic durante a pandemia tanto en labores de atención cidadá como nos controis de mobilidade durante o estado de alarma."