A base de mantemento da LAV de Vilavella, aínda está a un nivel de execución do 30 %


Nunha entrada deste blog do 31 de xaneiro de 2020 daba conta de que tres días antes, viaxara ata A Mezquita coa finalidade de coñecer o estado de execución da base de montaxe de Vilavella, unha instalación que ADIF-AV consideraba moi necesaria para a montaxe da vía do tramo Pedralba de la Pradería-Taboadela. O retraso que constatei era moi patente, como preciso nesta ligazón:

http://www.celsodelgado.gal/2020/01/este-pasado-luns-27-de-xaneiro-de-2020.html

Pois ben, no labor de control parlamentario, o pasado 29 de abril formulaba esta pregunta ao Goberno.

“O contrato para a construción da base de montaxe e mantemento de  Vilavella na Mezquita, cuxo orzamento de licitación era de 9.083.222 euros foi adxudicado por ADIF-AV/AV  o 28 de febreiro de 2019 á UTE formada por Ortiz Construcións e Proxectos e  Cosfesa por 6.945.031,56 euros.

A UTE adxudicataria dispoñía de 11 meses para a execución destas obras situadas no subtramo Túnel da  Canda-Vilavella, na marxe esquerda da   LAV Madrid-Galicia, entre os puntos quilométricos 112/100 e 113/500.

Unhas obras vinculadas ao desenvolvemento da montaxe da vía, e outras referidas ás instalacións fixas que quedarían como base de mantemento deste tramo desta  LAV.

¿Cal é a data de resposta o grao de execución do contrato adxudicado en febreiro de 2019 por ADIF-AV/AV para a construción da base de montaxe e mantemento de  Vilavella na Mezquita na  LAV Madrid-Galicia?"

Con data 4 de xuño, o Goberno respondía:

“O uso da base de montaxe de vía da Mezquita viuse modificado, estando previsto actualmente o uso destas instalacións como base de mantemento, pero non de montaxe de vía. A base de montaxe de vía trasladouse a La Hiniesta. 

O nivel de execución actual é de aproximadamente un 30%. Este feito non afecta as previsións sobre finalización de obra e posta en servizo da  LAV xa que, como se dixo, a montaxe de vía realizarase desde La Hiniesta, permitindo o cumprimento da planificación prevista."

Con la tecnología de Blogger.