Ampliado en catro meses o contrato de construcción da nova estación de alta Velocidade de A Gudiña


O 27 de setembro de 2018, ADIF-AV aprobou licitar o contrato de construcción da 
nova estación de alta Velocidade de A Gudiña e que levará o nome de “Porta de Galicia”, dentro da nosa liña de alta velocidade Madrid-Galicia.

O presuposto de licitación foi de 4.093.314 euros (IVA engadido), e o prazo inicial era de oito meses.

A formalización da adxudicación á "UTE ESTACIÓN PUERTA DE GALICIA "tivo lugar o 2 de abril de 2019. O importe contratado foi de 3.227.987,45 euros (IVA engadido).

Pois ben agora, con data 5 de abril de 2021 a Plataforma de Contratación do Estado publica un anuncio de modificación do citado contrato por importe de 642.334,59 € (IVA engadido), e unha modificación do prazo de 4 meses, o que implica finalmente terá unha duración de 27 meses.

Se rematara no 2 de xullo de 2021, a obra acabaría tendo unha demora sobre o previsto de nada menos que 19 meses.

http://www.adifaltavelocidad.es/AdifWeb/licitaciones/detalleLicitacion.jsp?expediente=3.18/20830.0289/01.M.01&tipo=MODIFICADO

Con la tecnología de Blogger.