Continúa o desenvolvemento do Plan galego de vacinación

 

Informou hoxe a Xunta de Galicia  que vacinou durante esta fin de semana contra a covid-19, a un total de 32.560 persoas pertencentes aos grupos poboacionais de entre 60-65 anos e 70-79 anos. 

Así, das máis de 42.000 persoas chamadas a vacinarse en grandes recintos, durante as xornadas do sábado e do domingo, o 75% acudiu a vacinarse contra o coronavirus. 

Unha desas persoas fun eu, no recinto de Expourense, despois de recibir a pertinente cita.

Hoxe acompaño a un familiar de 92 anos a recibir no Centro de Saúde a segunda dose da vacina.

Aproveito para felicitar ao SERGAS pola perfecta organización e loxística no desenvolvemento do Plan galego de vacinación.

Con la tecnología de Blogger.