A Xunta prevé compensar con 2,5 millóns de euros ás concesionarias do transporte público de viaxeiros por estrada

 

Coñecemos onte que a Xunta prevé compensar con 2,5 millóns de euros ás concesionarias do transporte público de viaxeiros por estrada pola forte perda de pasaxeiros rexistrada no primeiro trimestre do ano, a consecuencia da pandemia da covid-19 e as diferentes medidas de restrición da mobilidade implantadas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo hoxe un encontro con representantes das catro federacións maioritarias de transporte de pasaxeiros: Fegabus, Transgacar, Fegatravi e Anetra.

Na xuntanza, a conselleira deu conta de que a Xunta prevé facer efectiva a finais deste mes esta nova iniciativa de apoio ao sector do transporte público, ao constatar que as concesións rexistraron, de media, unha caída da demanda que supera o 60%.

Esta medida súmase ás postas en marcha o pasado ano, en que o Goberno galego anticipou 28 millóns de euros ás empresas concesionarias para garantirlles liquidez mentres non se materializaba o fondo de compensación anunciado polo Executivo central.

Na reunión, Ethel Vázquez informou aos transportistas de que nos recentes encontros mantidos co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Xunta reclamou que o fondo de compensación estatal ao transporte público tivese continuidade neste ano 2021, pois tamén se están a rexistrar datos de demanda moi preocupantes.

A Xunta prevé compensar con 2,5 millóns de euros ás concesionarias do transporte público de viaxeiros por estrada pola forte perda de pasaxeiros rexistrada no primeiro trimestre do ano, a consecuencia da pandemia da covid-19 e as diferentes medidas de restrición da mobilidade implantadas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo hoxe un encontro con representantes das catro federacións maioritarias de transporte de pasaxeiros: Fegabus, Transgacar, Fegatravi e Anetra.

Na xuntanza, a conselleira deu conta de que a Xunta prevé facer efectiva a finais deste mes esta nova iniciativa de apoio ao sector do transporte público, ao constatar que as concesións rexistraron, de media, unha caída da demanda que supera o 60%.

Esta medida súmase ás postas en marcha o pasado ano, en que o Goberno galego anticipou 28 millóns de euros ás empresas concesionarias para garantirlles liquidez mentres non se materializaba o fondo de compensación anunciado polo Executivo central.

Na reunión de, Ethel Vázquez informou aos transportistas de que nos recentes encontros mantidos co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Xunta reclamou que o fondo de compensación estatal ao transporte público tivese continuidade neste ano 2021, pois tamén se están a rexistrar datos de demanda moi preocupantes.

Con la tecnología de Blogger.