Participo hoxe nunha xuntanza telemática do secretario
xeral do PPdeG, Miguel Tellado, con deputados no Congreso, senadores e o
deputado galego no Parlamento Europeo, Francisco Millán, todos do PP de G.
Nesta reunión estiveron de modo presencial, a deputada
nacional Marta González e o senador Xosé Manuel Barreiro, que actúan de
coordinadores nesas Cámaras das Cortes Xeráis.
Fixemos un repaso ao intenso traballo parlamentario desenvolvido,
as iniciativas presentadas, os debates producidos, e definimos as liñas estratéxicas
para as vindeiras datas.
Evolución da pandemia, orzamentos, financiamento
autonómico, situación das empresas e do mercado laboral en Galicia, das infraestruturas,
incidencia da lexislación medioambiental e pesqueira na nosa Comunidade, e un longo
abano de temas foron obxecto de exposición.