viernes, 12 de marzo de 2021

Apremiando ao MITMA a que axilice o proxecto de mellora da seguridade viaria na intersección de Ribela, na estrada N-525

 

O pasado 25 de agosto, informaba nunha entrada deste Blog, que ese mesmo día o BOE publicaba o Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia relativo a Resolución do Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana pola que se aprobaba provisionalmente o Proxecto de Trazado: "Mellora da seguridade Viaria na intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e reordenación de accesos na estrada  N-525,  p. k. 244+368".  T.M. de Coles. Provincia de Ourense. Clave: 33- OR-5330.

Un proxecto que ten un orzamento Base de Licitación (IVE incluído) de 2.104.872,04 €.  A intersección quedará substituída por unha nova ligazón dotada dun paso inferior para a circulación entre Ribela e Sobral a través da OU-0552, así como ramais de entrada e saída na N-525 con carrís de aceleración e deceleración para permitir todos os movementos entre ambas as estradas.

Ademais, proxéctase unha vía de servizo en sentido Santiago entre os PP. KK. 244+000 e 244+860, que permite reordenar os accesos existentes e materializar a súa conexión ao carril de vehículos lentos da estrada a través dun único punto.

Nesa entrada celebraba a aprobación provisional deste proxecto, que levabamos esperando desde hai moitos meses e que provocou a nosa insistente e constante acción parlamentaria para activala. E engadíamos que agardabamos que os trámites anunciados foran xestionados con axilidade; e que estaríamos vixiantes pois estamos diante dunha actuación moi necesaria.

Pese a que a resolución declaraba a urxencia do proxecto e que ordeaba á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia a incoación dun Trámite de Información Pública a efectos da declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación referidos aos bens e dereitos o certo.

Con data 19 de xaneiro de 2021 formulei unha pregunta ao Goberno: ¿En que mes do ano 2021 licitará o  MITMA as obras de “Mellora da Seguridade viaria na intersección de Ribela, Construción dunha ligazón e reordenación de accesos na estrada  N-525”, con información da situación actual do expediente?

Con data 23 de febreiro de 2021 o Goberno respóndenos que: “Tras estudar as alegacións recibidas, aprobarase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado, e procederase a completar a redacción do proxecto de construción. Unha vez aprobado este, poderán licitarse as obras, en función das dispoñibilidades orzamentarias e a priorización de actuacións dentro das partidas xenéricas destinada a Actuacións de Conservación e Explotación”