Romay Beccaría presidirá a Fundación Alfredo Brañas

No acto celebrado esta mañá en Santiago, os populares galegos adscribiron a Fundación Alfredo Brañas ao Comité Executivo do PPdeG, coa vontade de que a formación teña nela un referente de formación, intelectual e espiritual, pois Brañas entendeu hai máis dun século o que o Partido Popular de Galicia leva décadas practicando: a defensa da Comunidade por riba de todo.

“Somos o resultado de todos os políticos que nos precederon” manifestou Alberto Núñez Feijóo mentres admitía que se constrúe a Galicia do futuro sobre o legado de todas esas persoas. 

https://es.wikipedia.org/wiki/Alfredo_Brañas

Así mesmo, enxalzou a traxectoria e o labor de José Manuel Romay Beccaría, que será o encargado de presidir esta Fundación e do que destacou a súa  integridade e honestidade.

Parabéns ao nomeado, que atesoura unha extensa e fructífera vida de servizo    publico. https://es.wikipedia.org/wiki/José_Manuel_Romay_Beccar%C3%ADa




Con la tecnología de Blogger.