A Deputación de Ourense insta ao Goberno a que cumpra os compromisos coa provincia en materia ferroviaria e de integración do AVE

 

Sigo hoxe o pleno ordinario da Deputación de Ourense, correspondente ao mes de febreiro, celebrado por vía telemática.

Estiven especialmente atento ao debate dunha Moción do BNG relativa “ao reto demografico e a defensa duns servizos ferroviarios públicos, dignos e de calidade”.

Debo salientar a boa e ponderada intervención do deputado provincial do GPP, Jorge Pumar, que defendeu unha emenda sensantaque finalmente foi aprobada polo Pleno.

No punto 1, acordase instar ao Goberno do Estado a que cumpra cos compromisos adquiridos coa provincia de Ourense en materia ferroviaria e de integración da Alta Velocidade, evitando que os investimentos comprometidos, tanto na Estación Intermodal como na Variante Exterior (máis de 700 millóns de euros) sexan destinados a outra provincias de España.

No punto 4, acordouse instar ao Goberno do Estado a que a estación de mercadorias de Ourense actualmente na Estación do Empalme, sexa trasladada ao Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas tal e como demandan os empresarios do  citado espazo industrial.

Con la tecnología de Blogger.