viernes, 26 de febrero de 2021

A economía galega resistiu en 2020 a pandemia mellor que a media española.

 

O Instituto Galego de Estatística (IGE) deu a coñecer os datos de contabilidade trimestral que confirman que a economía galega está resistindo as consecuencias dos confinamentos e restruccións derivados da pandemia da COVID-19 un pouco mellor que a media española.
 
- A economía galega baixou no ano 2020 por mor da covid-19 un 8,9%, 2,1 puntos menos que a media española (-11%).

- Esta taxa mellora as previsións realizadas polo Goberno galego no mes de outubro que estimaban unha caída do 9,7%.

- En canto á evolución interanual, no último trimestre do ano o PIB galego baixou un 7,6%.

- Pero en España o PIB descendeu un 9,1%.

É dicir, en galicia baixou 1,5 puntos menos, o cal é positivo porque reflicte unha menor afección da pandemia na nosa economía.

En todo caso, compre seguir traballando para que o impacto da pandemia na nosa economía sexa o menos negativo posible, e para iniciar canto antes o camiño da recuperación.

http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/OperacionsConxunturais/ContabilidadeTrimestral.html