domingo, 14 de febrero de 2021

Lembrando o anticipo do entroido de 2020 en Vilariño de Conso


Hai un ano, asistía en Vilariño de Conso ao magnífico desfile da VI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica "ViBoMask" que reuniu a 45 grupos procedentes das catro provincias galegas e de diferentes lugares da xeografía española como Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha e o País Vasco, aos que sumaron grupos de Portugal e Italia.

Tratábase dun anticipo dun do Entroido, que se desenvolvía precisamente no rural ourensán, Viana do Bolo e Vilariño de Conso onde se conservan as verdadeiras raíces da tradición.

Un ano despois a covid-19 conseguiu afectar á Mascarada Ibérica, que xa tería que celebrar a súa sétima edición.

Refresco con esta ligazón o estrañado 12 de febreiro de 2020. Teremos que agardar a 2022.

http://www.celsodelgado.gal/2020/01/asisto-hoxe-en-vilarino-de-conso-ao.html