domingo, 12 de enero de 2020

Na Mascarada Ibérica de Vilariño de Conso


Asisto hoxe en Vilariño de Conso ao magnífico desfile da VI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica "ViBoMask" que reuniu a 45 grupos procedentes das catro provincias galegas e de diferentes lugares da xeografía española como Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha e o País Vasco, aos que sumaron grupos de Portugal e Italia.

Trátase dun anticipo dun do Entroido, e desenvólvese precisamente no rural ourensán, Viana e Vilariño onde se conservan as verdadeiras raíces da tradición.

Desfilaron os entroidos do oriente ourensán con catro fulións de Viana do Bolo cos seus Boteiros, o folión e as Mázcaras de Buxán (O Bolo) o Fulión da Mourela p’acá de Manzaneda, a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso cos seus Boteiros. Tamén estiveron outras máscaras ourensás o Entroido da Veiga, as Bonitas de Sande, os Galos de San Pedro da Mezquita, o Follateiro de Lobios, as Pantallas de Xinzo de Limpia e os  Felos e Madamas de Esgos.

Doutros lugares de Galicia, o Entroido de Samede (Paderne), os Merdeiros de Vigo,  as Madamas e Galáns de Cobres (Vilaboa) e tamén o Oso de Salcedo (A Pobra de Brollón), e os Xenerais do Ulla.
Ademáis mascaradas cántabras como o Andruido en La Paré de Piasca (Cabezón de Liébana), a sonora Vijanera (Silió), e de diferentes puntos de Castela e León como o Antruejo de Carrizo de la Ribeira (León), xunto cos Diablos e Mascaritas de Luzón (Guadalaxara) e os Joaldunak (Ortuella, Biscaia).
De Portugal estiveron os Caretos de Lazarim (Portugal), os Caretos de Parada de Infanções (Bragança) e os Máscaros de Vila Boa (Vinhais). E de Sardeña, Italia desfilaron os Mamuthones e Issohadores de Mamoiada.
Grazas a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, e parabéns a todos os organizadores.


Coa alcaldesa Melisa Macia






















Foto de Carlos Hervella- O Sil