Difunde hoxe o INE os datos da EPA do cuarto trimestre de 2020, que acreditan que na provincia de Ourense a poboación activa foi de 127.200, dous mil menos que no trimestre anterior.
Pechou o ano 2020 a provincia con 13.000 parados, cincocentos menos que no trimestre anterior. E 3.600 parados menos que no cuarto trimestre de 2019.
A taxa de paro quedou situada no 10,3%, dúas décimas menos que no trimestre anterior.
A ocupación sitúase en 114.200 persoas (1.500 menos que no trimestre anterior) e a taxa no 42,3%.