EPA IVT 2020: "Galicia, pese á covid-19, acada baixar o desemprego na evolución trimestral e na anual e pecha 2020 con máis emprego indefinido con respecto a 2019"

Galicia, pese á covid-19, acada baixar o desemprego na evolución trimestral e na anual e pecha 2020 con máis emprego indefinido con respecto a 2019.

Difunde hoxe o INE a nota de prensa da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao cuarto trimestre de 2020, que é procesada polo Instituto Galego de Estatística (IGE). 

Estos son os principais datos referidos á ComunidadeAutónoma de Galicia.

"Activos

No cuarto trimestre de 2020 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.339.600 persoas, das cales 1.223.500 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 52,3%.

Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en 3.900 persoas, mentres que a taxa de actividade diminúe 0,2 puntos respecto ao terceiro trimestre de 2020.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2019, o número de persoas activas diminúe en 18.200 persoas e a taxa de actividade diminúe 0,8 puntos.

 Ocupados

A ocupación diminúe en 1.700 persoas no cuarto trimestre de 2020 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.080.900 persoas ocupadas. A taxa de ocupación diminúe 0,1 puntos neste trimestre, ata o 46,2%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas diminuíu en 15.100 persoas, o que supón unha caída do 1,4% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre diminuíu a ocupación masculina mentres que aumentou a feminina: o número de ocupados varóns diminuíu en 5.500 persoas respecto ao terceiro trimestre do ano 2020 e a ocupación das mulleres aumentou en 3.800 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación masculina de 0,5 puntos e nunha suba de 0,3 puntos no caso da feminina.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2019, o número de homes ocupados diminúe en 5.700 persoas (un -1,0%), mentres que o de mulleres ocupadas diminúe nun 1,8%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre diminúe en todos os sectores agás nos servizos. Na industria a ocupación diminúe en 6.400 persoas no cuarto trimestre do ano respecto ao anterior; a construción rexistra un descenso de 1.000 traballadores e traballadoras; no sector primario a diminución cífrase en 500 persoas e no sector servizos prodúcese unha suba na ocupación de 6.200 persoas.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2019, a ocupación diminúe na industria e no sector servizos (un -5,0% no primeiro caso e un -1,4% no segundo), mentres que aumenta un 6,0% no sector primario e un 1,3% na construción.

Asalariados

En Galicia había 871.700 persoas asalariadas no cuarto trimestre de 2020, 660.300 con contrato indefinido e os 211.400 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 3.500 asalariados e asalariadas menos con contrato indefinido, o que supón unha diminución de 0,5 puntos en termos relativos. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal tamén diminúe en 5.300 efectivos (o que supón, en termos relativos, unha baixada do 2,4% con respecto ao terceiro trimestre de 2020). No que respecta á variación interanual, as persoas con contrato indefinido incrementáronse un 0,9% e as persoas con contrato temporal diminuíron un 7,6%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 24,3%.

Parados

No cuarto trimestre de 2020 en Galicia había 142.600 persoas en paro, 2.200 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 0,1 puntos e sitúase no 11,7%.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2019, o número de parados e paradas diminúe en 3.200 persoas (un -2,2%) e a taxa de paro mantense nos mesmos valores.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe o paro masculino mentres que o feminino aumenta: o número total de homes parados sitúase en 65.400 persoas (3.600 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 77.300 persoas (1.400 mulleres máis en paro). A taxa de paro masculina diminúe en 0,4 puntos porcentuais e a feminina aumenta 0,2 puntos, situándose a primeira no 10,3% e a segunda no 13,2%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 800 persoas (un 1,2% menos), mentres que o volume de paradas diminúe en 2.200 persoas (un 2,8% menos que hai un ano).

Fogares

No cuarto trimestre de 2020, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 2.200 unidades e sitúase en 51.000 fogares. Respecto ao cuarto trimestre de 2019, esta tipoloxía de fogares redúcese un 2,5%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 6.600 unidades. O número de fogares nesta situación é de 614.400. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 1.800 fogares máis nesta situación, o que supón un aumento do 0,3% en termos relativos.

Poboación xuvenil

Dos 318.700 mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos, 103.400 (o 32,44%) están ocupados, 36.900 (o 11,58%) parados e os 178.400 (o 55,98%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 32,5% no cuarto trimestre de 2020. Con respecto ao trimestre anterior diminúe 1,5 puntos; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2019 diminúe 5,9 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 26,3% neste trimestre; diminúe 1,9 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co cuarto trimestre de 2019, aumenta 5,3 puntos."

ANÁLISE ANUAL

CAE O PARO EN GALICIA E NO ESTADO CRECE: É UNHA DAS TRES COMUNIDADES NA QUE BAIXA:

O número de parados diminúe en 3.200 persoas (-2,19%) rompendo coa evolución negativa dos tres trimestres anteriores; e a taxa de paro mantense practicamente nos mesmos valores. En España, a subida do paro é do +16,54%. 

MÁIS EMPREGO INDEFINIDO:
 
- O número de persoas con contrato indefinido aumenta nun 0,9%, 5.900 máis, e con contrato temporal baixa nun 7,6%, 17.500 menos:

Galicia encadea máis de tres anos de subidas consecutivas de asalariados indefinidos (14 trimestres): hai 660.300 asalariados indefinidos, a cifra máis alta nun 4º trimestre dos últimos once anos. 

A porcentaxe de asalariados indefinidos é do 75,75%: tres de cada catro asalariados galegos son indefinidos; e a porcentaxe de ocupados a xornada completa é do 87%. 

- Por sectores, crece o emprego no sector primario (+4.000 traballadores // +6%) e na construción (+1.000 traballadores // +1,34%). 

CONCLUSIÓNS
 
Os efectos da covid-19 estanse a reflectir no mercado de traballo de Galicia. Os datos non resultan nin comparables ni representativos coa situación que vivía a comunidade antes da crise sanitaria, pero pese á pandemia, Galicia pechou 2020 con menos paro e máis emprego indefinido e na evolución anual somos unha das tres comunidades na que cae o paro.
 
T

Con la tecnología de Blogger.