Remata 2020 coa posta en servizo do primeiro tramo da Autovía A-56, Ourense-Lugo, pero sen avances nos restantes treitos


O 23 de setembro de 2020 asistín á posta en servizo do tramo da autovía A-56 entre A Barrela (Carballedo) e San Martiño (Vilamarín), nas provincias de Lugo e Ourense. Un treito que permitirá conectar na Barrela, coa  N-540 e en  As Lamas, coas estradas autonómicas  LU-901 e  OU-901, conectando así a A-56 co eixo de comunicación denominado “Eixo do Ribeiro”, cara a Cea, O Carballiño e a AG-53, dando servizo aos núcleos de poboación da contorna.

Foi un día de gran satisfacción para a min, pois despois de moitos anos de seguimento e impulso vímolo aberto ao tráfico.

Como é coñecido, este tramo tivo un longo e  tortuoso historial: as obras foron adxudicadas polo Ministerio de Fomento o 12 de agosto de 2008. O 22 de xullo de 2010, o entón ministro José Blanco anunciou a rescisión dos contratos de  Sanmartiño-A Barrela Norte e da ligazón. Finalmente, no ano 2014 conséguese  evitar a rescisión dos contratos e as obras retomáronse en xullo de 2015, sendo ministra Ana Pastor.

Despois a obra tivo varias complicacións, entre elas un modificado do viaduto sobre o río  Bubal, o que unido a outros factores, implicou unha enorme demora do prazo de conclusión.

A pesar da  apertura do tramo citado, a preocupación polo futuro desta autovía é moi grande tendo en conta a situación do resto dos treitos, confirmado polas dotacións que o goberno socialista prevé na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 recen aprobados.

No trámite parlamentario preguntamos ao MITMA ¿Que, explicación dá o Goberno á ínfima consignación de tan só 100.000 € para o proxecto da A-56 entre Quintela-A Casilla, e de tan só 100.000 € para o proxecto da A-56 entre A Casilla- Cambeo- Sanmartiño. E tamén sobre a non inclusión nos  PGE 2021 dunha partida para o intercambiador de Guntín, Lugo, entre a A-54 e a A-56 e que nos PGE-18 dispoñía para iso de 2,5  M€?

 O 11 de novembro de 2020 o  MITMA respondíanos do seguinte modo: “Para avanzar en la redacción de los proyectos de los tramos pendientes de la autovía A-56 Lugo-Ourense en la provincia: Quintela-A Casilla-Cambeo-San Martiño, se consignan 200 mil euros. El intercambiador de las autovías A-54 y A-56 y conexión con las carreteras N-547 y N-540 en Guntín queda englobada dentro del tramo Guntín-Narón de la autovía A-56, cuyo proyecto requiere actualización”

Estas respostas evidencian, ao meu xuízo, un enorme desinterese por parte do  MITMA en impulsar esta autovía. Xa o vimos no que se refire aos dous primeiros tramos da A-56, é dicir os que conforman o Variante Norte de Ourense, desde  Eirasvedras por Quintela ata A Casilla.

Pero é aínda máis grande a desidia gobernamental en apostar por avanzar nos proxectos que van desde A Casilla, por  Cambeo ata  Sanmartiño.

Si se fixese o  treito de Cambeo-San Martiño sería posible conectar directamente a Autovía coa Nacional-540. Trátase dun treito de 9 quilómetros que precisa dun investimento de 73 millóns de euros e a sua construción é fundamental para darlle funcionalidade ao tramo San Martiño- A Barrela Norte que se acaba de abrir ao tráfico.

Doutra parte o intercambiador de Guntín é unha infraestrutura de importancia fundamental para canalizar un gran volume de tráfico en Lugo. O seu custo estimado é de 13,2 millóns de euros.

Tanto no Congreso como no Senado os parlamentarios populares do PP presentamos emendas para elevar as ínfimas dotacións que tiñan eses treitos nos PXE para 2021, máis todas foron rexeitadas.

O propósito dos parlamentarios populares no Congreso é continuar no ano 2021 plantexando constantes iniciativas parlamentarias para impulsar a tramitación destes tramos e levando ás Cortes Xerais, as reivindicacións dos Alcaldes dos concellos lucenses e ourensáns afectados e tamén dos colectivos sociais e empresariais que integran a Plataforma A-56.

Estamos diante dun eixe vertebrador do interior de Galicia que foi planificada como unha vía  de nova construción que parte da autovía Lugo-Santiago en Guntín, e chega ata a A-52 en Ourense. A súa construción beneficiaría a 250.000 habitantes.

Con la tecnología de Blogger.