domingo, 29 de noviembre de 2020

Os Orzamentos da Xunta para 2021 destinan máis de 73 millóns de euros a garantir un transporte público máis útil e social

Salientar que os Orzamentos da Xunta para 2021 destinan máis de 73 millóns de euros a garantir un transporte público máis útil e social que levará os beneficios do metropolitano a toda Galicia.

Explicaba esta semana a conselleira Ethel Vázquez Mourelle que a Xunta puxo en marcha unha reorganización integral das liñas de autobús interurbano da comunidade que, entre outras cuestións, ten como obxectivo mellorar o acceso aos campus universitarios.

Puxo en valor a tarxeta Xente Nova, coa que os menores de 21 anos poden viaxar de balde en transporte público. Concretou que todos os demais estudantes se poden beneficiar deste convenio hoxe asinado.

A conselleira puxo como exemplo a un estudante de Cambre que acuda a diario ao campus de Elviña. Sinalou que sen ningún abono de transporte pagaría 2,75 euros (1,55 metropolitano + 1,20 urbano), pero coa tarxeta TMG paga 0,88 euros por todo o traxecto, e coa nova bonificación dada pola universidade, achegaría só 0,44 euros.

Salientou que estes incentivos posibilitan que ao longo dos 9 meses do curso, este estudante aforraría grazas á TMG uns 600 euros, que se converterían en 740 no caso de beneficiarse da bonificación outorgada pola Universidade da Coruña.

Ethel Vázquez fixo fincapé no Plan de Transporte Metropolitano, pois é un auténtico plan social coa que a Xunta, os concellos e outras entidades, como a UDC, contribúen a facilitar os desprazamentos dos galegos dunha forma alternativa ao vehículo particular.

Precisou que o Transporte Metropolitano permite bonificar cada ano preto de 16 millóns de viaxes, unha cifra que ilustra un éxito nas áreas urbanas de Galicia que, a partir do vindeiro ano, se estenderá ao conxunto de Galicia