sábado, 7 de noviembre de 2020

Galicia completará o reforzo da Atención Primaria coa construción ou renovación de 38 centros de saúde máis nesta lexislatura


Onte o 
presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desatacaba que Galicia completará o reforzo da Atención Primaria coa construción ou renovación de 38 centros de saúde máis nesta lexislatura. “O noso compromiso é facer un servizo galego de saúde novo tanto na atención hospitalaria, como nos centros de Atención Primaria”, dixo, salientando que os veciños do Pereiro de Aguiar contarán, a partir da vindeira semana, cun centro de saúde cun 54% máis de superficie do que que tiña o anterior e con máis servizos.

Así, nunha superficie total de 682 metros cadrados, a nova infraestrutura dispón dunha zona de asistencia sanitaria con: 3 consultas de medicina xeral, 2 consultas de enfermería, unha sala polivalente, unha consulta da muller, enfermaría pediátrica, pediatría e outras salas.

Durante unha visita a esta infraestrutura, o responsable do Goberno galego recordou que a este centro de saúde sumarase outro en Paderne de Allariz, actualmente en construción.

Nesta mesma liña, confirmou que na actualidade estanse a construír ou reformar xa outros centros de saúde en: O Milladoiro (Ames), A Estrada, Melide, Narón, CIS de Lugo, O Saviñao e Bouzas (Vigo). Estase, ademais, tramitando a redacción de proxectos do novo CIS de Lalín, do novo CIS Olimpia Valencia en Vigo e do novo centro de saúde de Moaña, así como da ampliación do centro de saúde do Porriño, entre outros.


“En definitiva, temos un compromiso coa Atención Primaria” incidiu, subliñando que nos últimos 10 anos a Xunta leva construídos ou renovados un total de 75 centros de saúde en toda a Comunidade que, “sumados aos 38 desta lexislatura farán un total de 113, o que suporá un novo sistema de infraestruturas na Atención Primaria para toda Galicia”.

Logo de recordar a entrada en vigor á medianoite das novas medidas acordadas polo comité clínico para facer fronte á pandemia, Feijóo concluíu agradecendo unha vez máis o compromiso, a madurez e a determinación do pobo galego para loitar contra a pandemia, cunha mención especial ao sector da hostalería, un dos máis castigados economicamente; así como o traballo que están a desenvolver todos os profesionais sanitarios