“Levamos moito tempo xestionando este tipo de prestacións, como facemos coa Risga, e nos gustaría poder axudar para que as persoas que teñen dereito ao ingreso mínimo vital o poidan percibir no menor tempo posible”, aseverou.
Co obxectivo de que nesta crise ninguén quede atrás, Feijóo recordou que “desde a Xunta aprobamos primeiro un Plan social de continxencia, destinado a parar o primeiro impacto da crise, e despois un Plan de recuperación social de máis de 60 millóns, para facilitar que os fogares máis vulnerables puidesen superar esta situación”.
Sobre este último punto, salientou que esta iniciativa permitiu a posta en marcha da Tarxeta básica, unha axuda trimestral de entre 450 e 900 euros para adquirir produtos de primeira necesidade e da que se benefician máis de 6.000 familias; a axilización e flexibilización dos trámites da Risga, da que se beneficiaron 1.600 persoas máis; ou o incremento do 50% na partida de Axudas de inclusión social, co que se atenderon as necesidades urxentes de 1.200 novos beneficiarios.