O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto de 2020.

 Son os seguintes:

 España:

O número de persoas paradas en España aumentou en 29.780 persoas (0,79 %) no mes de agosto, en relación co mes anterior.

É un aumento inferior ao que se produciu en neste mesmo mes no últimos catro anos. Agosto é un mes tradicionalmente malo para o emprego debido ao fin da tempada turística de verán.

Tras a subida de agosto, lastrado polo final da escasa tempada turística debido á  Covid, o volume total de parados sitúase en 3.802.814 desempregados, o seu nivel máis alto nun mes de agosto desde 2015.

Por sectores,187.342 son de agricultura, 313.016 da industria, 306.224 da construción, 2.670.601 do sector servizos e 325.631 do colectivo sen emprego anterior.

Sobe o paro, sobre todo, en Servizos, con 20.216 (0, 76%) persoas máis debido, en gran medida ás restricións de mobilidade determinadas polos principais países emisores de turismo do mercado español.

Sirva como contexto que o aumento do paro no sector Servizos non alcanza nin o 10% do que se produciu nos meses de marzo e abril.  Na Construción prodúcese un incremento en 7.983 (2,68%) e a Industria anota 2.981 (0,96%) rexistrados máis. Por último, o colectivo Sen Emprego Anterior increméntase en 11.853 (3,78%).

Paro por sexo e idade

No mes de agosto, o paro sobe entre as mulleres en 20.327 (0,93%), ata un total de 2.197.913 traballadoras rexistradas. O paro feminino só reduciuse durante o mes de xullo desde o inicio da pandemia e segue mantendo un saldo negativo para o emprego.

Tras tres meses de caída, o paro masculino aumenta en 9.453 (0,59%) traballadores, ata un total de 1.604.901 rexistrados.

O desemprego entre os mozos menores de 25 anos increméntase en agosto en 7.804 persoas (2,43%), respecto ao mes anterior.

Paro rexistrado por comunidades autónomas

O paro rexistrado baixa en oito comunidades autónomas encabezadas por Navarra (-1.078), Cantabria (-763) e Estremadura (-548).

Sobe nas nove comunidades restantes, sobre todo en Cataluña (11.293), Madrid (6.260) e a Comunidade Valenciana (5.694), que concentran o 78% dos novos parados.

A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, España conta con 737.010 parados máis, un preocupante 24,04 %

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia creceu en agosto en 1.640 persoas con respecto a xullo, un 0,94 %.  Segue a tendencia dos últimos anos, xa que o paro vén subindo en agosto desde o ano 2018, pero faino a menor ritmo que o mesmo mes do ano pasado: (Agosto 2019: +2.899 persoas)

O número de parados queda en 176.951, deles 75.125 son homes e 101.826 mulleres, 168.183 son maiores de 25 anos e 8.768 menores.  

Por sectores, 6.041 son da agricultura, 19.774 da industria, 13.724 da construción, 122.005 dos servizos e 15.407 do colectivo sen emprego anterior.

As estatísticas de desemprego de agosto continúan marcadas pola parálise na actividade económica producida durante a crise sanitaria da covid-19, especialmente nos meses de marzo e abril, que a súa vez repercute no mercado laboral galego. 

A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 23.131 persoas incrementaron en Galicia as listas do paro, o que supón unha crecemento do desemprego do 15,04  %. 

O paro sobe en todas as Comunidades de xeito interanual, pero Galicia é a terceira que acusa un menor ritmo de suba en termos relativos, rexistrando un incremento de 9 puntos menos que o conxunto do país (España: +24,04%).

O desemprego viña diminuíndo en Galicia de xeito interanual nun mes de agosto e encadeaba seis anos consecutivos de baixadas que se ven interrompidos polos efectos da covid-19.

Sobe nas catro provincias, nas sete cidades, en ambos os dous sexos e en todos os grupos de idade e sectores. A suba aparece concentrada no sector servizos xa que 7 de cada 10 novos parados rexistrados no último ano proveñen deste sector (+16.375 persoas), o máis afectado polas restricións derivadas da crise sanitaria.

Ourense:


Medra o paro rexistrado en agosto en relación co mes anterior en 135 persoas, un 0,69 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 2.234 persoas entraron en Ourense das listas do paro, o que supón un aumento do desemprego do 12,79 %. 

O número de parados queda en 19.701, deles 8.299 son homes e 11.402 mulleres, 18.570 son maiores de 25 anos e 1.131 menores.

Por sectores, 973 son da agricultura, 2.250 da industria, 1.504 da construción, 12.941 nos servizos e 2.033 do colectivo sen emprego anterior. 

Con la tecnología de Blogger.